Modelos de Documentos

Aqui tedes distintos modelos que vos poden orientar para facer a carta para o delegado de facenda, a enquisa como obxetores fiscais, un modelo de alegación ante facenda no caso de que non vos acepte a obxección e tamen unha carta á presidencia por si queredes pedir a legalización e regularización da Obxección Fiscal.

Instancia Facenda

Ao Excmo/a. Sr/a. Delegado/a de Facenda

Dña./D.:

con DNI nº

domiciliado en:

Poboación:

CP:

EXPON:

Que a guerra é un crimen contra a Humanidade, e polo tanto quen a fai e prepara son criminais.

Que según desprendese dos Orzamentos Xerais do Estado para o 2005, o Gasto Militar do Estado Español supón o 11'65% do gasto público.

Que razóns de conciencia non me permiten contribuir á financiación dos gastos militares do Estado, por convertirme esto nun criminal.

Pola presente manifestámos o noso rexeitamento a colaborar, cos impostos que pagamos ó Estado, ó mantenemento dos Gastos Militares. Este rexeitamento baséase en razóns de conciencia recollidas na Costitución.

Polo anterior, realicei na miña declaración adxunta unha deducción en euros da cuota líquida integramente no apartado número ________ e que é de ________ euros.

Esa mesma cantidade de ________ euros ingresámola na conta de ____________________ xa que cremos que este colectivo si contribúe á nosa seguridade, ó loitar por acadar uns maiores niveis de solidariedade e xustiza social. Acompañase resgardo do ingreso da devandita cantidade na conta dese colectivo.

Que a miña condición de obxetor fiscal aos gastos militares sexa tida en conta á hora de gastar os impostos que eu pago á Facenda pública, tanto de xeito directo como indirecto.

Por ello, SOLICITA:

Que sexa tida en conta a minha Obxeción Fiscal respecto ao pago que este Territorio contribue aos gastos da Administración Central do Estado, e sexa descontado por tanto a citada cantidade de ______ euros do presuposto adicado a Gasto Militar.

Sen máis, e agradecéndolle a súa atención a este escrito, aproveitamos a ocasión para saudarlle moi atentamente.

En_____________, a_____de_____________do 2005

Asinado: Dña/D.__________________________________

Enquisa obxectores

Feita a obxección fiscal, é moi importante facernos chegar teus datos mediante esta enquisa, pois é o único xeito que temos de saber cántos obxetamos (Facenda non da ese dato). Lembra enviar a enquisa ó colectivo de OF que teñas máis preto de ti, por correo normal, electrónico ou persoalmente (mira os contactos).

Nome:

Apelidos:

Enderezo:

cp:

Telefone:

mail:

Número de persoas obxetoras:

Tipo de Obxección:

* Positiva
* Negativa
* Cota líquida cero
* carta protesta

Importe da OF:

Destino alternativo escollido:

Comentarios e suxestions:

Interesanos saber se tuvestes dúvidas

ou si recibichedes resposta por parte de Facenda...

Modelo de alegación

Ao Excmo. Sr. Diputado da Facenda

Dña./D.:

DNI nº

domiciliado en:

poboación:

CP:

comparece nesta administración para exercita-lo meu dereito e por tanto EXPOÑE:

Que con data / / , recibin notificación do acordo de iniciación dun expediente sancionador con número de referencia _______ e de data / / ; referido a miña declaración de IRPF do ano _____

Por todo isto manifesto:

Que non estou dacordo co expediente sancionador, e que por tanto presento ESCRITO DE ALEGACIÓNS en base ó seguinte:

1 - Na declaración constaba unha deducción de ____ euros que representan o 11.65% da cuota líquida, cantidade que según os Orzamentos Xerais do Estado podese comprobar que vai adicada a Gasto Militar.

2 - Que eu non deixei de ingresar, dentro do termo regulamentario para presenta-la declaración, parte da débeda tributaria. A miña intención non foi nunca deixar de pagar o que segundo as normas fiscais me corresponde, senón darlle a miña aportación a fins que considero lexítimos. por isto, destinei os cartos ó proxecto referido ________________. Con esta actuación non tiven ningún proveito económico persoal. O desembolso da cantidade reclamada na liquidación provisional foi efectuado na entidade antes indicada, e consta nesta administración o comprobante do ingreso. Polo tanto, non se realizou o feito punible de "Deixar de ingresar".

3 - Non creo no exército, nen no uso da forza, da violencia ou das armas, como medio para solucionar os conflictos entre os pobos ou as persoas. As miñas conviccions neste sentido son tan fortes que moral e eticamente son incapaz de contribuir de ningunha maneira cun exercito armado.

4 - A obxección de conciencia é un dereito recoñecido no art. 16 da Constitución. É, por tanto, un dereito fundamental, a liberdade ideolóxica, que segundo o art. 53 da Constitución vincula ós poderes públicos.

5 - Que a propia regulación legal relativa ó IRPF non limita nin prohibe, en ningún dos seus artigos, a Obxección de Conciencia Fiscal.

Por todo isto solicito:

Unha vez presentado este escrito en tempo e forma, que se admitan as alegacións e, se lle dea o trámite procesal oportuno, despois do cal se dicte resolución, pola cal se deixe sen efecto o expedente sancionador.

En_____________, a_____de_____________do 2005

Delegación de Facenda de ____________________

Asinado: Dña/D.______________________________

Carta presidencia

Enviar a: Sr. Rodríguez Zapatero,

Complejo de la Moncloa, Avda/ Puerta de Hierro s/n. 28071 Madrid

Sr. Presidente:

Som __________________________,

que vivo en _____________________

e o meu DNI é o nº _______________

Somos cada vez máis cidadáns os que consideramos a guerra como algo totalmente oposto á nosa conciencia e á unha sociedade verdadeiramente civilizada.

Como contribuinte que son vía impostos (tanto directos como inderectos) aos Gastos Xerais do Estado vexo como parte do diñeiro que aporto se gasta en unhas partidas militares (Ministerio de Defensa e outros ), cos que en conciencia non podo colaborar.

Un avance social importante de finais do seculo pasado foi o recoñecemento do Dereito á Obxeción de Consciencia ao Servicio Militar. Sen embargo, está demostrado que os exércitos hoxe en día necesitan máis que un servizo militar físico, un servizo militar económico, que lles nutra de armamento. Con ello non só se preparan para a destrucción de outras persoas, sino que detraen medios económicos necesarios para a superación dos moitos desequilibrios sociais sumamente inxustos que se dan no noso planeta.

Por todo isto, quero expresar a miña reivindicación de que se recoñezca á Obxección de Conciencia Fiscal no pago dos impostos para conseguir que de ninguna forma me vea implicado no Gasto Militar. E a miña obxección deberá supor, ineludiblemente, unha reducción do Gasto Militar Estatal.

Atentamente, asina: