gasto militar


A xente do Centre Delás traduciu do inglés esta infografía. Aproveitamos para animarvos a facer obxección fiscal nas vosas declaracións da renda, é unha moi boa forma de visualizar a aposta de tanta xente por construír sociedades non violentas e en paz, onde os cartos de todas sirvan para cubrir necesidades básicas e non para encher os petos da industria militar.

Tedes a info da nosa campaña nesta web: http://2020.nonaogastomilitar.org

Moitas veces temos falado da opacidade do goberno en todo o referido a gasto militar. Nesta ocasión o Tribunal de Contas "estima que los 30.000 millones de deuda de Defensa ocultan sobrecostes, deficiencias de gestión y extraños movimientos a favor de las empresas de armas". Barbaridades ás que non nos acostumaremos nunca.

33.762, 4 millóns de euros. A cifra que no 2017 o Estado Español vai dilapidar na guerra, isto supón un 9,16 % que no anterior ano. Os anuncios da ministra de Defensa de elevar até o 2% os orzamentos do seu ministerio, en cumprimento dos acordos coa OTAN, quedan moi por baixo da realidade.

O traballo dos compañeiros de Utopía Contagiosa amosa que case 4 de cada 5 euros gastados están agochados en diferentes partidas dos orzamentos. É dicir, os anuncios de Cospedal quedan moi lonxe das cifras reais que demostran que a restritividade non a coñece o ministerio da guerra.

Achegamos o enlace coa nova e con todos os datos que recolle o colectivo Utopía Contagiosa > http://www.utopiacontagiosa.org/2017/04/24/el-gasto-militar-espanol-sigu...

Achegamos un novo informe das compañeiras de Utopía Contagiosa. Desta volta sacan un informe que baixo o títuño "Despilfarro Militar" que tratar de conseguir os seguintes obxectivos:

- Levar á opinión pública o debate de se o militar é un despilfarro en si mesmo.

- Concienciar á sociedade do continuo despilfarro militar.

- Caracterizar o despilfarro militar no noso estado.

Achegamos os datos referidos ao Estado Español no 2015 de número de obxeccións fiscais ao gasto militar. Neste ano o número total de obxeccións foi de 647 OF – 92.514’73 € (126 OFs menos que o ano anterior).

A nova completa con todos os datos por provincias e destinos o tedes neste enlace: http://www.antimilitaristas.org/spip.php?article5605

Novas coma esta deixan de manifesto as prioridades dos últimos gobernos:

La Marea publicou onte a seguinte nova sobre o incremento do gasto no Ministerio de Defensa:

Os principais benefiados do enorme gasto militar grego son as economías de Alemaña e Francia.

"Si sumamos la cantidad de dinero utilizado para el desorbitado gasto militar griego solamente entre los años 1995 y 2011 obtenemos una cuantía que supone más de la cuarta parte (26,3%) de la deuda pública griega registrada en el año 2011 (justo antes de la reestructuración de la deuda que se llevó a cabo). Puesto que todos esos años el Estado heleno presentó déficit público (y que por lo tanto tuvo que financiarlo pidiendo dinero prestado), se puede concluir que todo ese gasto militar contribuyó al incremento de la deuda pública. El gasto militar griego siempre ha sido muy elevado, superando en ocasiones el 3% del PIB cuando la media de la Unión Europea es del 1,2%.

Páxinas