gasto militar


Achegamos o folleto que elaboramos para a campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos MIlitares 2014.

Nel atoparedes información sobre o gasto militar no Estado Español, os destinos que propoñemos, datos sobre a presenza do exército e a industria armamentística, tipos de obxección ao militar, insubmisión... e información sobre nós.

O folleto o podedes descargar neste enlace: http://nonaogastomilitar.org/sites/nonaogastomilitar.org/files/fleto_2014.pdf

Coincidindo co período da declaración da renda, recentemente iniciado no seu ciclo previo de envío de borradores e declaracións telemáticas, retomamos a Campaña de Obxección Fiscal ao Gasto Militar, onde se poden usar os datos que proporciona o borrador pero rexeitando confirmalos agora tal cal nolos queren facer «tragar».

A Obxección Fiscal ao Gasto Militar é un acto de Desobediencia Civil que consiste na non colaboración co Estado á hora de sufragar os gastos empregados na preparación de guerras e mantemento da estrutura militar, exército e outros corpos armados destinados ao control social. Tecnicamente desobedécese de forma activa no momento de realizar a declaración do imposto sobre a renda (IRPF) mediante o desvío dunha parte deses impostos a un proxecto que traballe pola xustiza social.

Como cada ano a xente de Tortuga Antimilitar ofrecenos o cálculo do Gasto Militar, no ano pasado este foi de 34.019,88 millones de euros, ou 721’83 € por habitante.

Así presentan os datos recompilados: "con vistas á campaña de Obxección Fiscal ao Gasto Militar, ofrecemos o noso cálculo de Gasto Militar e de Gasto Militar+Control Social no estado español. Como sempre, acaba gastando máis do que se presuposta, polo que a cifra que divulgamos non coincide coa dos Presupostos Xerais dese ano e inclúe as correccións necesarias. Ao igual que en anos anteriores apoiámonos nos excelentes cálculos de Utopía Contaxiosa e do Centre JM Delàs, aos que engadimos algunhas cifras e cómputos de elaboración propia."

Gasto Militar

- Ministerio de Defensa: 6.913,6 millones de euros (de los cuales 976,6 corresponden a organismos autónomos y 5.937 al propio ministerio)
- CNI: 203,69 millones de euros
- Guardia Civil: 2.636,18 millones de euros

A xente de Utopía Contagiosa envianos o informe que elaboraron sobre o gasto militar para 2014 e que leva por título: "Gasto militar 2014. Las mentiras militares".

Nel atopamos que segundo as súas estimacións o Estado Español vai gastar "27.345,78 millones de euros para 2014, de los cuales casi 8 de cada 10 euros están escondidos, entre 12 y 13 ministerios".

O informe o tedes neste enlace: http://es.scribd.com/doc/188967501/gasto-14-pdf

Dentro da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2013 organizamos unha charla o sábado 1 de xuño na que contaremos coa presenza de dous membros do colectivo Utopía Contagiosa.

Recomendamos que miredes o vídeo da charla que a xente de Utopía Contagiosa ofreceu o 17/11/12 no CSOA La Morada (Madrid). Vos anexionames tamén un informe pormenorizado sobre o Gasto Militar do 2013, de Utopía Contagiosa.

Achegamos un texto en relación á celebración do pasado 15 de abril do Día Mundial contra os gastos militares:

Con motivo del 15 de Abril, Día Mundial de Acción contra los Gastos Militares (GDAMS en sus siglas en inglés)*:

DENUNCIA LA CONVERSIÓN DE LAS UNIVERSIDADES DE ANDALUCÍA EN CANTERAS DE SOLDADOS, FÁBRICAS DE ARMAS Y TRINCHERAS IDEOLÓGICAS PARA ORGANIZAR Y JUSTIFICAR LAS GUERRAS.

Pasan os anos e as trampas seguen sendo as mesmas, así no lo contan as compas de Tortuga:

Páxinas