hortas


Este sábado 30 de xuño celébrase en Vigo o IV Encontro da Rede de Hortas da zona de Vigo.

Pola mañá a partires das 12h30, coñeceremos a horta do Barrio do Cura, que organiza esta vez o encontro, e poderemos xuntarnos para compartir novas propostas, novos encontros ou futuras actividades da rede...

E pola tarde -dende as 16h30- de acordo coa idea de aproveitar os encontros tamén para facer algún obradoiro de interese  para as hortas, poderemos aprender un pouco sobre o tratamento de pragas e enfermidades nas plantas de cultivo grazas a Jacobo, labrego de Redondela, que virá ata o encontro para explicárnolo e tentar resolver as dúbidas que teñamos.

Vémonos o sábado.

Lembrade traer o xantar, e difundir a convocatoria entre os vosos contactos!

Se tedes algunha dúbida ou queredes consultar algo: redehortasvigo@yahoo.com ou cascokupa@hotmail.com