industria armamentística


Un informe elaborado polo Centre Delàs, TNI e Stop Wapenhandel denuncia que a industria armamentística obtén  rédito das migracións xeradas polas guerras. As tres grandes empresas do sector (Airbus, Finmeccanica e Thales) ingresaron 95.000 millóns de euros en 2015.

En maio de 2012 había no estado español 562 empresas inscritas no rexistro da Dirección General de Armamento y Material e unhas 29.000 persoas traballaban na industria de guerra no estado. A maioría, con diferencia, nos sectores aeroespacial e naval que, de feito, son os de maior facturación.

Porén, tanto a facturación como o emprego con céntranse en catro grandes empresas (datos do 2009): Indra (electrónica), EADS-Casa (aerespacial), Navantia (naval) e General Dynamics/Santa Bárbara (veículos blindados e armas lixeiras). Todas elas situadas no ranking das 100 primeiras empresas con maior produción militar mundial e as dúas últimas con presenza en Galiza, ao igual que URO (vehículos especiais) ou Ezentis (tecnoloxía).

Semella que a crise non é coñecida polas principais industrias da guerra, xa que segundo datos que publican as xentes de Tortuga Antimilitar os beneficios no ano 2011 para EADS, Cassidian, Eurocopter... son moi elevados, máis aínda se os comparamos coa infinidade de recortes que está a sufrir a maioría da poboación.

Por citar algunhas cifras:

- Airbus Military ingresou 2.504 millóns €

- EADS obtivo en 2011 un beneficio de 1.033 millóns de euros, un 87% máis que en 2010

- Eurocopter logra en 2011 un récord de ingresos con 5.415 millóns de euros

- Cassidian rexistrou uns ingresos en 2011 de 5.803 millóns de euros

Máis datos no enlace á nova: grupotortuga.com/Magnificos-balances-de-cuentas

O Espazo Aberto Antimilitar a raíz da publicación de que o Pentágono quere instalar en Trasmiras (Ourense) unha base de avións non tripulados elaboramos o seguinte texto:

Bases norteamericanas, fábricas de armas... a cambio da promesa de miles de postos de traballo directos e indirectos, a recuperación económica de zonas deprimidas, abandonadas e azoutadas pola emigración como Ourense.

Promesas difíciles de rebater en situacións dramáticas como as que vivimos, con miles de persoas sen traballo. Pero temos que pararnos un momento e pensar ata onde nos imos vender a nós mesmas e o noso territorio para obter uns postos de traballo, todas as zonas afectadas pasarían a ter control militar. As zonas civís sufrirían as “molestias” de estar supeditadas ao militar, ruídos, riscos de accidentes, prohibicións de paso en zonas antes libres, vixilancia e escrutinio das persoas propio de estados de sitio...

Hai uns días podiamos ler nunha web que Xosé Manuel Pérez Bouza, senador do BNG, pedía a instalación en Trasmirás (Ourense) dun "Centro de Excelencia de aviones no tripulados (UAV) del consorcio europeo EADS".

Non sabemos que función concreta cumprirían esas instalacións, pero negámonos a que Galiza acolla no seu territorio á industria da guerra e ao exército. Da noxo escoitar os argumentos do BNG defendendo que dito centro "podría contribuir a dar un gran impulso a la economía de la zona", retrátanse así mesmos con propostas coma esta.

Tedes a nova completa neste enlace: blog.elgrancapitan.org/?p=11863

Na páxina web de Fiare Galiza podemos ler unha interesante nova sobre como a banca segue a financiar con créditos millonarios á industria da guerra en España, neste caso á dedicada a facer explosivos militares.

Os datos da guerra malia que son coñecidos seguen a ser escandálosos, no blog de Gustavo Duch podemos ler: