utopia contagiosa


Este sábado 1 de xuño, dentro da campaña pola obxección fiscal aos gastos militares 2013, tivemos a visita de dous integrantes do colectivo Utopía Contagiosa no acto que dende o Espazo Aberto Antimilitar organizamos na Cova dos Ratos.

Fíxose na charla un repaso polos diferentes aspectos que xustifican a afirmación de vivirmos nun estado militarizado, prestando especial atención aos gastos militares, fundamentalmente ao gasto militar oculto (10 dos 13 ministerios do governo español teñen partidas dedicadas ao gasto militar), pero tamén ás atribucións cada vez máis amplas do exército español ou á persistencia na nosa sociedade, e o seu fomento dende as diferentes estructuras do estado, dos "valores militares" (submisión, obediencia cega, xerarquización, etc.).

Dentro da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2013 organizamos unha charla o sábado 1 de xuño na que contaremos coa presenza de dous membros do colectivo Utopía Contagiosa.

Recomendamos que miredes o vídeo da charla que a xente de Utopía Contagiosa ofreceu o 17/11/12 no CSOA La Morada (Madrid). Vos anexionames tamén un informe pormenorizado sobre o Gasto Militar do 2013, de Utopía Contagiosa.

A xente de Utopía Contagiosa non deixa de afanarse na tarefa de dar a coñecer a realidade do gasto militarizado do Estado Español.

Deste xeito, ademais de manter o seu blog con infinidade de entradas sobre industria militar, política de defensa, gasto militar... fan tamén presentacións da súa tarefa en colectivos.

Tras a presentación dos Orzamentos Xerais do Estado Español para este ano 2012 unha cousa quedaba clara, é que Defensa era un dos ministerios que menos cartos perdía cos recortes orzamentarios. Pero a xente de Utopía Contagiosa di que o recorte é de só o 1,298% fronte ao 8,8% anunciado, así nolo din eles:

"La primera conclusión es que, a pesar que desde los voceros del Ministerio de Defensa dicen que el descenso de sus gastos va a ser un 8’8 %, el verdadero gasto militar va a bajar sólo – 223’89 millones de €, es decir un 1’298 % menos que el año pasado.

La siguiente conclusión es que el gobierno del PP, a pesar de su cacareada ley de transparencia, sigue manipulando las cifras del gasto militar y las esconde dentro de otros ministerios con total impunidad.

Una tercera conclusión es que el mundo militar sigue siendo insolidario con los civiles en estos tiempos de crisis galopante y de recortes generalizados."

Páxinas