Como facer Obxección Fiscal

Declaracións en Branco

Todas poden participar independentemente da súa situación laboral (en paro, cobrando pensión, estudante,...), a súa situación social ou a súa situación ante Facenda.

Estes obxectores/as deben adquirir os impresos para a Declaración. No sobre introduces unha carta co teu nome e DNI dirixida ao Delegado de Facenda da túa provincia (exemplo carta), expresando a protesta contra o gasto militar. A carta debe entregarse xunto cos impresos sen encher, en branco.

Esta campaña é facil de asumir por calquer persoa sen que teña que afrontar sancións administrativas.

Positivas ou Negativas, de dúas maneiras:

Cota porcentual: Consiste en desviar, non evadir, da cota líquida da túa Declaración da Renda o 4.5% (orzamento oficial do Ministerio de Defensa) ou o 11.65%, gasto militar total que inclúe outras partidas.

Cota fixa: Desvías 84 euros (en protesta polos 84 países empobrecidos pola débeda externa) ou a cantidade que ti decidas, da cota líquida da túa Declaración da Renda.

Esta cantidade ingresarase nun proxecto alternativo ao Gasto Militar.

Outra posibilidade:

Hai obxectores partidarios/as da legalización e regulación da O.F., como un dereito máis a ser recoñecido polo Estado. Para isto podes enviar a petición polo recoñecimento da Obxección Fiscal aos Gastos Militares (exemplo carta).
Modo de encher a Declaración da Renda:

Ingresar a cantidade da túa obxección fiscal no proxecto elexido (pide dous recibos, un para ti e outro para incluír na túa declaración).

Adxunta tamén unha instancia dirixida ao Delegado/a de Facenda (modelo tipo anexo) alegando os motivos da túa Obxección ós gastos militares. Nela comunícalle o total dos cartos desviados e o proxecto social escollido como alternativo ao Gasto Militar.

Enche os impresos da declaración e, chegado ás deduccións xerais, risca o enunciado dunha das casas e engade "por obxección fiscal aos gastos militares" e a cantidade elexida.

Se utilizas medios informáticos, podes incluíla nalgún dos apartados nos que a deducción da cantidade global se fixa en tanto por cento, ou tamén incluíla directamente a man.

Recorda, que se a declaración che sae a pagar, a devolver ou de cota líquida cero, sempre podes declararte persoa obxectora fiscal, reclamar os cartos que dos teus impostos se dedican ao Gasto Militar, e desvialos ao proxecto alternativo.

Feita a O.F. é moi importante cubrir a enquisa adxunta e enviala aos grupos locais (ver enquisa).

Consecuencias da O.F.

A O.F. é un acto de desobediencia civil ao Estado. Facenda non aceita normalmente estas razóns de conciencia polo que, non recoñece a deducción da porcentaxe que efectuamos. Por iso cando se decata do que fixemos na nosa declaración non o dá por válido, ou ben non nos devolven os cartos que desviamos, ou ben reclamánolos.

Cando facenda nos comunique que non acepta a nosa obxección fiscal, a resposta pode ser aceptar (pagar o que nos pide e non reclamar) ou recorrer diante da delegación de facenda primeiro (ver modelo de alegación) e despois se denegan o recurso diante do Tribunal Económico Administrativo Provincial.

De tódos modos por non ser a O.F. un dereito recoñecido legalmente temos tóda as de perder, polo que o máis normal no caso de que reclamémo os cartos é que non nolos devolvan ou que embarguen a nosa conta pola cantidade obxectada.

Pensamos, de todos modos, que esta situación non debe ser un atranco para reclamar o que cremos xusto, o dereito a non contribuír cos nosos cartos á guerra.