Historically, Australian medical schools have followed the British tradition by conferring the degrees of Bachelor of Medicine and Bachelor of Surgery (MBBS) to its graduates whilst reserving the title of Doctor of Medicine (MD) for their research training degree, analogous to the PhD, or for their honorary doctorates. A notable exception is the Bachelor of Medicine (BMed) joint program of the University of Newcastle and the University of New England. Although the majority of Australian MBBS degrees have been graduate programs since the 1990s, under the previous Australian Qualifications Framework (AQF) they remained categorised as Level 7 Bachelor degrees together with other undergraduate programs. The latest version of the AQF includes the new kamagra ireland buy kamagra category of Level 9 Master's degrees (Extended) which permits the use of the term 'Doctor' in the styling of the degree title of relevant professional programs.





Campaña Obxección Fiscal 2010 :: "Os teus impostos matan, ti podes desarmalos"

17 Mar 2010

O Espazo Aberto Antimilitar lanza outro ano máis a campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares (OFGM) baixo o lema: "Os teus impostos matan, ti podes desarmalos". Como cada ano vos propoñemos destinos alternativos aos que enviar os cartos, este ano ademais do propio Espazo son: A Ría Non Se Vende e a Asociación Revolucionaria de Mulleres de Afganistán (RAWA).

"Os teus impostos matan, ti podes desarmalos".

Coa que está caendo (crise económica e os conseguintes recortes sociais), o Goberno vai empregar (como mínimo) a cantidade de 18.160,89 millóns de euros en gasto militar. Cantidade que, obviamente, aportamos todas vía impostos; cantidade que NON será dedicada a pensións, ensino, sanidade ou subsidios, por poñer algúns exemplos.

Esta inversión continuada, descomunal e disparatada en investigación militar, armamento e en manter un exército cada vez máis expedicionario, non contribúe en absoluto a mellorar a seguridade de ninguén. Antes ben, supón un risco para a existencia da vida, e do mesmo planeta.

Programas coma o HAARP* estadounidense, consistente na manipulación da propia atmosfera para poñela ao servizo da eficiencia militar, poñen en evidencia que este risco non é unha hipótese posíbel nun futuro lonxano, senón que é unha realidade plenamente actual.

Porén, a ameaza que os exércitos representan fáisenos ultimamente palpábel dun xeito moito máis directo, toda vez que a grande máscara que durante os últimos tempos se esforzaron en crear para ocultar a súa verdadeira natureza, vaise desfacendo. Os últimos “erros” cometidos en Afganistán, nos que se bombardeou unha vez máis á poboación civil provocando máis de medio centenar de mortes en menos de vinte días, serviron para lembrarnos que as chamadas “intervencións humanitarias” no estranxeiro non son máis que o que anteriormente denominabamos ocupacións militares, con todo o que iso implica. Pero ademais, os feitos acontecidos en Chile despois dos últimos terremotos, no que o exército foi mobilizado para “controlar” á propia poboación desesperada (ou no caso de Haití encubrindo unha ocupación militar en toda regra), tróuxonos a primeiro plano a outra relevante atribución dos exércitos: a “pacificación” non só no exterior, senón tamén no interior das propias fronteiras, unha vez que os mecanismos habituais de contención son superados.

Por todo isto, e porque rexeitamos a propia existencia dos exércitos e a ideoloxía militarista que os lexitima, declarémonos un ano máis persoas  obxectoras fiscais aos gastos militares, por motivos de conciencia e de sentido común. E declaremos as nosas cabezas zonas permanentemente desmilitarizadas.

Espazo Aberto Antimilitar, marzo 2010

* Acrónimo de HIGH FREQUENCY ACTIVE AURORAL RESEARCH PROGRAM, é un programa científico e militar desenvolto e financiado pola Forza Aérea e a Mariña dos Estados Unidos e pola Universidade de Alaska; unha das principais actividades deste programa é a modificación da ionosfera nunha zona limitada da mesma. Segundo unha resolución do Parlamento Europeo de 28 de xaneiro de 1999, a estación HAARP manipula o medio ambiente con fins militares. Para mais info, véxase na Wikipedia.

- - - - -

Deixamos os arquivos en .pdf do texto e o tríptico da campaña de OF 2010 para que os usedes e difundades.

AdxuntoTamaño
fiscal_2010.pdf1.04 MB
tri_ fiscal_2010.pdf1.41 MB
Tags: