Historically, Australian medical schools have followed the British tradition by conferring the degrees of Bachelor of Medicine and Bachelor of Surgery (MBBS) to its graduates whilst reserving the title of Doctor of Medicine (MD) for their research training degree, analogous to the PhD, or for their honorary doctorates. A notable exception is the Bachelor of Medicine (BMed) joint program of the University of Newcastle and the University of New England. Although the majority of Australian MBBS degrees have been graduate programs since the 1990s, under the previous Australian Qualifications Framework (AQF) they remained categorised as Level 7 Bachelor degrees together with other undergraduate programs. The latest version of the AQF includes the new kamagra ireland buy kamagra category of Level 9 Master's degrees (Extended) which permits the use of the term 'Doctor' in the styling of the degree title of relevant professional programs.





Cubrámonos do militarismo: campaña pola Obxección Fiscal ao Gasto Militar 2016

27 Abr 2016

Xa temos a campaña galega pola Obxección Fiscal ao Gasto Militar 2016. Este ano o lema que empregamos é "Cubrámonos do militarismo".

O domingo, aproveitando a mani do 1º de maio repartiremos centos de folletos. Por se non andades en Vigo aquí deixamos o enlace para que descarguedes > http://arkipelagos.net/fiscal_2016.pdf

Cubrámonos do militarismo

A 30 anos do referendo, a OTAN pouco ou nada mudou na súa razón de ser, en tanto que fenómeno histórico. Desde a progresiva militarización da sociedade -cun gasto militar que non deixou de medrar a pesares da crise económica-, á resolución de conflitos unicamente pola vía armada, o crecemento e diversificación da industria militar ou o feito de o Estado español se converter nun importante comerciante de armas a nivel internacional.

O número de guerras e conflitos armados na actualidade, con moito superior ás cifras que os organismos oficiais manifestan, corroboran a íntima relación entre escalada bélica e economía. Guerras e conflitos armados que provocan a destrución e devastación dos propios territorios, milleiros de vítimas entre a poboación civil e un número incalculábel de persoas desprazadas na procura de refuxio ou asilo.

Ante isto a resposta en materia de política exterior da UE, aliada da OTAN, está a ser crear campos de concentración, erguer muros, facilitar expulsións masivas a terceiros países e intervir unicamente para protexer os intereses económicos e xeopolíticos de occidente.

Desde o Espazo Aberto Antimilitar acreditamos na necesidade de incidir na loita contra o militarismo en todos os ámbitos da sociedade, e, consecuentemente, tomamos partido a favor da chamada “Cláusula contra o uso militar da ciencia”, incorporándoa este ano na campaña a prol da Obxección Fiscal aos Gastos Militares.

Dita cláusula froito da iniciativa conxunta entre a Asemblea Antimilitarista de Madrid e Ciencia para el Pueblo, dada a coñecer a finais de 2015, como medio para incentivar á comunidade científica a tomar partido pola desmilitarización en todas as súas formas e baixo todos os seus aspectos.

Tags: