Documental "Insumis@s" dentro das proxeccións de xaneiro na Cova

08 Ene 2013

Achegamos a programación de proxeccións da Cova dos Ratos para o mes de xaneiro co que colaboramos coa presentación de "Insumis@s":

Mércores 9, 20:30h - "On the Road": Peli amricana baseada no libro de Jack Kerouac.

Mércores 16, 20h30 - "Lucio": Documental sobre o anarquista navarro, que nos anos sesenta puxo contra as cordas a un dos principais bancos norteamercianos, coas súas falsificaciòns de cheques de viaxe.

Mércores 23, 20h30 - "E agora a onde imos?": Película de Nadine Labaki máis información aquí.

Mércores 30, 20h30 - "Insumis@s": Documental da ETB do 2001, sobre o KEM/MOC de Bilbao e a estratexia de desobedicencia ao Servizo Militar obrigatorio que remataba daquela, sustituido pola profesionalización. Dende o Espazo Aberto Antimilitar aproveitamos para comentar os Gastos Militares previstos no presupostos para o 2013, máis información no informe de Utopía Contagiosa sobre o tema.

Tags: