Historically, Australian medical schools have followed the British tradition by conferring the degrees of Bachelor of Medicine and Bachelor of Surgery (MBBS) to its graduates whilst reserving the title of Doctor of Medicine (MD) for their research training degree, analogous to the PhD, or for their honorary doctorates. A notable exception is the Bachelor of Medicine (BMed) joint program of the University of Newcastle and the University of New England. Although the majority of Australian MBBS degrees have been graduate programs since the 1990s, under the previous Australian Qualifications Framework (AQF) they remained categorised as Level 7 Bachelor degrees together with other undergraduate programs. The latest version of the AQF includes the new kamagra ireland buy kamagra category of Level 9 Master's degrees (Extended) which permits the use of the term 'Doctor' in the styling of the degree title of relevant professional programs.





"Non á guerra, nin como espectáculo", concentración contra o Festival Aéreo de Vigo

13 Xul 2009

O Espazo Aberto Antimilitar e A Ría Non Se Vende convocan o xoves 16 de xullo un acto de repulsa contra o festival Aéreo de Vigo que se celebrará en Vigo o día 20 de xullo, será ás 20.00 na rúa do Príncipe diante do Marco.

Novamente a cidade acolle este festival internacional, un despilfarro máis, outro atentado ecolóxico á ría, outra limpeza de cara do exército e da súa verdadeira función.

Achegamos o texto que elaborou o Espazo baixo o título: "A guerra como espectáculo"

“A ironía máis antiga segue a ser a máis satisfatoria: cando se prepara para a guerra, o home sempre afirma actuar en nome da paz”, Watchmen

 

O grande mérito das sociedades consideradas modernas sobre calquera outro tipo de organización social é a dimensión do simulacro, ao punto de invertir por completo o sentido da realidade. A apariencia ten a ben ser a forma máis lograda de goberno na actualidade ou cando menos así se desprende do consenso acadado entre as multitudes anodinas, fanáticas espectadoras da súa propia miseria existencial. Isto significa que calquera actividade, por banal que sexa, está suxeita por forza á representación espectacular. Á disociación entre realidade e ficción. Á farsa en suma.

A celebración dun novo Festival Aéreo representa todo o antedito e moito máis por canto esa mesma inversión dase en termos de participación cidadá, de recoñecemento dos valores cívicos de corpos e forzas de seguridade do Estado, de cooperación internacional en materia antiterrorista, da diplomacia como unha das artes por excelencia e por tanto de prestixio institucional. Un festival cuxo orzamento foi asumido pola alcaldía de Vigo, a mesma que lle nega o albergue da Gota de Leite aos sen teito para acoller no seu lugar as dependencias da Policía Municipal. A mesma que preside a Rede Española de Cidades Polo Clima sen atender ao despilfarro enerxético dunha tal exhibición militar. A mesma que patrocina novos aterramentos na Ría ou fai apoloxía do urbanismo coercitivo sen amosar a máis mínima sensibilidade sobre o entorno inmediato. E finalmente a mesma que tacha de incontrolados aos traballadores do metal en folga ao tempo que resalta as virtudes das Forzas Armadas.

Unhas Forzas Armadas, non o esquezamos, cómplices do estado de excepción xeralizado por doquier baixo a consigna de guerra global permanente en escenarios tan dispares como África, Asia ou Latinoamérica, mesmo a Europa das libertades, cos resultados que as democracias occidentais deciden en cada momento segundo os intereses en liza. Golpes de estado, ocupación militar, ataques preventivos, peches de imprensa, ilegalizacións de organismos populares… Así acreditamos nas palabras de Guy Debord cando afirmaba para asombro do común que no mundo realmente invertido, o verdadeiro é un momento do falso.

A rotundidade do noso rexeitamento ven dada, toda vez, pola impronta simbólica dun evento de tales características, moi na liña do decadente estilo de vida moderno, pero sobre todo á impostura que supón xogar á guerra como se tal cousa. Como se fose máis unha prolongación edulcorada da industria de lecer para consumo masivo. Desviando a atención sobre a súa natureza real –o entrenamento militar en pleno territorio urbano- mediante un exercicio de embrutecemento colectivo. De aí o noso compromiso por erradicar de maneira absoluta as estruturas militares, sexan cales sexan, e pular a prol dunha transformación radical da organización social que teña por meta a liquidación dun mundo que xa non recoñecemos como propio.

Porque a guerra na era do turbocapitalismo é un espectáculo digno de ser descifrado en toda a súa complexidade pero tamén porque a guerra é, ante todo, un estado de ánimo.

AdxuntoTamaño
panfleto.jpg319.05 KB
Tags: