O Goberno aproba un crédito que fai medrar un 30% o orzamento en Defensa

12 Set 2012

O goberno español aprobou un crédito ao ministerio de defensa de 1.782 millóns de euros para pagar parte da débeda en armamento (36.000 millóns de euros que o exército debe ás industrias militares).

Este novo crédito fai que o orzamento do ministerio de defensa medre preto do 30%. A este gasto enorme habería que multiplicalo alomenos por tres para coñecer a verdadeira magnitude do noso gasto militar, do que 2 de cada 3 euros están ocultos e non se contabilizan nos orzamentos de defensa.

Fonte: http://utopiacontagiosa.wordpress.com/2012/09/10/el-gobierno-espanol-apr...

Tags: