Historically, Australian medical schools have followed the British tradition by conferring the degrees of Bachelor of Medicine and Bachelor of Surgery (MBBS) to its graduates whilst reserving the title of Doctor of Medicine (MD) for their research training degree, analogous to the PhD, or for their honorary doctorates. A notable exception is the Bachelor of Medicine (BMed) joint program of the University of Newcastle and the University of New England. Although the majority of Australian MBBS degrees have been graduate programs since the 1990s, under the previous Australian Qualifications Framework (AQF) they remained categorised as Level 7 Bachelor degrees together with other undergraduate programs. The latest version of the AQF includes the new kamagra ireland buy kamagra category of Level 9 Master's degrees (Extended) which permits the use of the term 'Doctor' in the styling of the degree title of relevant professional programs.





Presentación de dous libros: En Estado de Alarma. Exército nas rúas

12 Maio 2011

 

O Espazo Aberto Antimilitar convídavos á presentación dos libros a cargo de dous compañeiros de Bardo edicións (bardoediciones.net)

- "Ejércitos en las calles. Algunas consideraciones sobre el informe Urban Operations in the year 2020 de la OTAN"

- "Si vis pacem. Repensar el militarismo en la época de la guerra permanente: Textos de las Jornadas Antimilitaristas de Barcelona, septiembre de 2010"

Será o Martes 17 de maio ás 20.00 horas no CSA Cova dos Ratos (rúa Romil, 3 baixo - Vigo).

Achegamos un pequeno texto introductorio ás presentacións:

O Exército continua a ser, e así será porque está na súa esencia, unha ferramenta dos Estados para intervir noutros territorios, mediante a súa participación en guerras ou ocupacións, de cara a defender e fortalecer os intereses económicos da clase dominante. Porén, a actuación do exército non se limita ao exterior das fronteiras legais do Estado, senón que, sumándose ás restantes forzas de represión, é empregado para controlar tamén á poboación propia. Unha realidade esta que, se ben xa a vivimos recentemente coa militarización do espazo aéreo tras a declaración do Estado de Alarma en decembro do ano pasado, farásenos cada vez máis presente nun contexto de crise permanente e degradación universal onde a dominación pretende saír reforzada a toda costa:

“Para os que se obstinan en pensar que o razoamento aquí detallado concierne soamente ao limes do imperio, e non ao seu centro orgánico, para os que queren de todos os xeitos proxectar a escena do conflito noutro lugar calquera con tal de que non sexa aquí, en fin, para os que aínda continúan sentíndose “en paz” co existente (ou sexa, cunha existencia de paz), no informe simúlase unha intervención da OTAN nun teatro de operacións no cal as “cidades de interese estratéxico” non son nin Teherán (Irán), nin Pyongyang (Corea do Norte), nin ?como hipótese extrema? Pequín (China), senón que son as cidades francesas de Rouen, Lle Havre, Evreux e Dieppe.

O control preventivo e a represión de sublevacións ou insurreccións eventuais volveranse cada vez máis prerrogativas do exército, o cal terá que efectuar, por tanto, verdadeiras funcións de policía territorial, mentres esta se “paramilitariza”. Ademais de controlar o territorio, o exército terá que levar a cabo actividades de xestión da poboación civil: xestión física (refuxiados, evacuados, etc.) e xestión psicolóxica (control e monopolio das informacións, relacións coas autoridades locais, pero tamén con todas as realidades asociativas dispostas a colaborar).

Nesta perspectiva será necesario dotar ás forzas armadas dunha adecuada preparación para conflitos urbanos, para evitar a histórica “incoercibilidade” das “forzas rebeldes” na guerra asimétrica. Ao mesmo tempo, será preciso afacer á xente a ver aos militares patrullando as cidades, para que ninguén, por máis avezado e/ou aterrorizado que estea, arrísquese a mover un dedo (nin sequera o do medio).

Estamos a nos dirixir cara a un “Estado militarizado”. Tanto as tropas asignadas a Pianura (Nápoles) como as que están en Via Padova (Milán) lémbrannos que, de feito, o ano 2020 non está tan lonxe.”

De bardoediciones.net

AdxuntoTamaño
cartaz17.pdf177 KB
Tags: