Destinos alternativos que propomos

Cada persoa obxectora fiscal decide dónde, a qué proxecto alternativo quere ingresar os cartos que desvía do IRPF para que, en lugar de ir ao Gasto Militar se dedique a unha verdadeira defensa: do desenvolvimento, do medio ambiente, da cultura, da dignidade das personas… Todos e todas coñecemos alguna organización ou grupo que traballa nestes campos. Desde os grupos de O.F. sempre propomos varios proxectos:

  • Comision de Denuncia de Galiza, Coordenadora social contra as torturas e os malos tratos nas cadeas. (www.denuncia.info)
    conta: 2091-0379-65-3040003333 , Caixa Galicia
  • Rede en Defensa da Ria de Vigo, rede de colectivos contra as agresions que esta a sufrir a Ria de Vigo (conta compartida).
  • Comunidade de Paz San José de Apartadó, comunidade de campesiños en Colombia que leva dez anos resistindo en paz aos conflictos armados (www.cdpsanjose.org, conta compartida)
  • Espazo Aberto Antimilitar, conxunto vigues de colectivos e persoas que traballan por unha sociedade desmilitarizada.
    conta: 2080-0169-53-0000025541 , Caixanova (indicade o proxecto)