O vindeiro martes 26 de abril dende o Espazo Aberto Antimilitar convídamos a asistir/participar no acto de presentación da campaña contra o gasto militar e pola obxección fiscal 2011.

Este ano a campaña leva por título: “Eles non o farán, fagámolo nós: Recortemos o Gasto Militar" na que animamos a obxectar aos gastos militares na declaración da renda.

A charla será o martes 26 de abril ás 20h30 na Escola Popular Galega (rúa Real, 12 baixo - Vigo). Nela presentaremos a campaña, os datos sobre gasto militar, os destinos propostos para este ano, ademais de ter espazo para resolver as vosas dúbidas sobre OF.

Dende o Espazo Aberto Antimilitar propoñemos dentro da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2011 varios destinos aos cales podedes enviar os cartos que desviedes nas vosas declaracións:

- Pola protección da Serra do Galiñeiro: campaña impulsada por diversos colectivos en defensa da serra do Galiñeiro fronte aos numerosos proxectos desenvolvementistas que a ameazan. A súa actividade está fundamentalmente centrada nestes momentos na oposición á instalación dun parque eólico planificado nesta área.

A Serra do Galiñeiro é un espazo natural que alberga numerosos valores naturais, xeolóxicos, paisaxísticos, etnográficos, arqueolóxicos e sociais polo que numerosos colectivos sociais agrupáronse a finais de 2010 no movemento social "Pola protección da Serra do Galiñeiro" para solicitar a protección deste espazo natural ó amparo das lexislacións autonómica e europea.

A CXT-Vigo convoca un ciclo de charlas, dentro das actividades preliminares ao 1º de Maio en Vigo. A este ciclo foi convidado o Espazo Aberto Antimilitar que vai participar na charla:

- "Antimilitarismo pasado e presente e Obxección Fiscal” a cargo de Manolo Pipas e de Carlos, compañeiro do Espazo.

Será o xoves 28 de abril ás 20h30 no local da CXT (Urzáiz 73 entrechán dereita)

Máis información sobre o ciclo de charlas no enlace: www.cgtgalicia.org/2011/04/1%C2%BA-de-maio-en-vigo/#more-2161

Achegamos o artigo elaborado por Jordi Calvo Rufanges e Alejandro Pozo Marín que leva por título: Outra "guerra humanitaria"? e no que analizan a guerra de Libia.

etiquetas: 

Organizada polo Espazo Aberto Militar ás 20h00 no CSA Cova dos Ratos (rúa Romil, 3) de Vigo a cargo de dous membros de Bardo Ediciones.

No informe simulase unha intervención da OTAN nun teatro de operacións no cal as “cidades de interese estratéxico” non son nin Teherán (Irán), ni Pyongyang (Corea do Norte), nin – como hipótese extrema – Pekín (China), senón que son as cidades francesas de Rouen, Le Havre, Evreux e Dieppe.

Tanto as intervencións do exército en Italia, no contexto do chamado “conflicto do lixo”, en Francia ou Grecia, durante as últimas folgas, ou o decreto dun Estado de Alarma e a subseguinte militarización do espazo aéreo por parte do Estado Español no pasado mes de novembro recórdanos que o ano 2020 non está tan lonxe...

As presentacións tamén terán lugar o mércores 18 na Biblioteca Anarquista Ghavilla de Compostela, o xoves 19 no CSO A Casa da Estación de Pontedeume, o venres 20 no Espazo Libertario de Ferrol e o sábado 21 no CS Atreu! da Coruña.

Un ano máis, dende o Espazo Aberto Antimilitar continuamos cuestionando a existencia do exercito como institución. Tentando manter o debate sobre a súa utilidade e conveniencia, os seus fins e a súa realidade, e denunciando a crecente militarización da sociedade, así como o desproporcionado gasto humano e económico que supón o seu mantemento.

Nun contexto como o actual, de recortes tanto de dereitos, coma de inversións en certos ámbitos (eliminación de subsidios, redución de pensións, perda de poder adquisitivo, etc.) o estado español gastará no ano 2011 uns 2.006 millóns de euros só en armamento; o equivalente a manter 421.910 pensións mínimas todo un ano. Pero en total, os orzamento militares para o ano 2011 no estado español ascenden a 17.244 millóns de euros. Unha  inversión un 5% menor á do ano 2010, pero que ven a representar o 4.8% do orzamento total do estado. Un dato que, ademais, debemos confrontar co descenso noutros ministerios, onde se chega a un 15,6% de recortes. E sen esquecer que, un ano tras outro, no sector militar as inversións finais superan dun xeito significativo o orzamentado.

Achegamos os datos referidos ao gasto militar no Estado Español no ano 2010 que alcanzaron os 17.217,88 millóns de euros. Os presentamos desglosados :

- Ministerio de Defensa: 8.560,09 millons

- Garda civil: 2.790,96

- Créditos I+D militar: 770,71

- Clases pasivas militares:352,15

- Instituto Social Fuerzas Armadas:624,89

- Organismos militares internacionais: 9,82

- Intereses débeda por gasto militar: 1.209,26

Fronte a estes datos temos os doutros ministerios: Sanidade:  4.254,00 millóns, Ministerio de Educación:  2.840,58 millóns, Servizos Sociais:  2.515,00 millóns e Ministerio de Cultura: 789,30 millóns.

Xa sabemos que a ría de Vigo volverá a ter enriba dela unha morea de avións de guerra facendo piruetas, coa celebración do Festival Aéreo Internacional de Vigo. Fronte a isto volveremos a berrar: Non á guerra, nin como espectáculo!, amosando o noso rexeitamento a todo tipo de actividades militares que neste caso queren vendermos como un interesante atractivo turístico para a cidade sen importar os custos económicos, morais, ambientais, etc.

Chama a atención que na web do evento unha alternativa dentro destes actos: "FAV SOLIDARIO,Un espacio para la solidaridad, que permitirá a todas las personas aficionadas a la aeronáutica y seguidoras del festival, que cada año masivamente le apoyan con su presencia y ánimo, convertirse en agentes activos a favor de diferentes causas de interés social". Nin comentarios facemos da maquillaxe solidaria coa que nola queren colar.

Páxinas