Se pensas que un gasto militar de 23.115'03 millóns euros (o 12,47% do Orzamento Xeral do Estado Español) é inaceptable achégate ás actividades que no mes de xuño organizamos dende o Espazo Aberto Antimilitar contra os gastos militares:

- Charla/debate: xoves 17 ás 20h30 no CSA Guindastre (Xulián Estévez 22, Teis)

O exército de Israel volveu a amosar a súa crueldade, desta banda asasinando as 16 activistas e ferindo a moitos máis que se dirixían a Gaza a levar axuda humanitaria na Flotilla Solidaria.

A prensa destes días está a ofrecer moita información do ataque, aquí deixamos a nova aparecida en Periodismo Humano sobre o ataque:

Al menos 16 muertos en el ataque de Israel a la flota humanitaria

Deixamos o audio da charla celebrada na Cova dos Ratos que levou por título: "O intervencionismo do exército español, caso de Afganistán"  a cargo de Alejandro Pozo (investigador do Centre d'Estudis per la Pau J.M. Dels - Justícia i Pau.

Podedes descargar a presentación que usou Alejandro na charla neste pinchando neste enlace.

José Toribio achéganos multitude de datos que falan da débeda pública que xeneran os gastos militares do Estado, nun momento de fortes recortes sociais.

Segundo explican os compañeiros do Centro Delas, no informe número 6 dedicado ás exportacións en armamento que fixo Estado Español no período 1999-2008, temos que estas volveron a ser as máis elevadas da historia de España.

Os datos reflicten que España ocupou o sexto posto no ranking mundial e as ventas representaron casi o 2% das exportacións mundiais de armas.

Cabe destacar nas conclusións do informe os seguintes parágrafos que falan dos incumprentos da lei en materia de venta de armas a Estados asasinos coma Israel, Colombia, etc.:

Como vén sendo habitual nos últimos anos o Espazo participou no 1º de Maio vigués, e este ano ademais dun xeito máis activo ao levar unha faixa co lema: "Fóra as tropas de Afganistán e de todos lados" na manifestación convocada pola CXT/CUT.

Na farola que da entrada a Príncipe montamos tamén o posto con información da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2010, no que se podían ler nun cohete os gastos militares do Estado Español para este ano.Aproveitamos para repartir entre as tres manifestacións máis de mil trípticos coa información necesaria para facer OFGM.

Achegamos o texto da charla-coloquio que tivo lugar ne Madrid en xaneiro de 2010 na que unha representante de RAWA (Asociación de Mulleres Revolucionarias Afganas), que se fai chamar Mehmuda por motivos de seguridade, presenta a terrible situación na que se atopa Afganistán.

O texto completo o podedes atopar no seguinte enlace: antimilitaristas.org/spip.php?article4428

Dende o Espazo Aberto Antimilitar propoñemos dentro da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2010 varios destinos aos cales podedes enviar os cartos que desviedes nas declaracións:

Páxinas