Historically, Australian medical schools have followed the British tradition by conferring the degrees of Bachelor of Medicine and Bachelor of Surgery (MBBS) to its graduates whilst reserving the title of Doctor of Medicine (MD) for their research training degree, analogous to the PhD, or for their honorary doctorates. A notable exception is the Bachelor of Medicine (BMed) joint program of the University of Newcastle and the University of New England. Although the majority of Australian MBBS degrees have been graduate programs since the 1990s, under the previous Australian Qualifications Framework (AQF) they remained categorised as Level 7 Bachelor degrees together with other undergraduate programs. The latest version of the AQF includes the new kamagra ireland buy kamagra category of Level 9 Master's degrees (Extended) which permits the use of the term 'Doctor' in the styling of the degree title of relevant professional programs.





Deixamos unha breve explicación da "Cláusula contra o uso militar da ciencia":

Que
Esta licenza inclúe a chamada cláusula contra o uso militar da ciencia, que impide o uso dos resultados desta investigación con fines militares e a exércitos e forzas e corpos de seguridade do estado. Tampouco se permite o uso para I+D de carácter militar.

O porque
Os científicos non poden estar á marxe dos problemas que se producen na sociedade. O militarismo ten uns efectos devastadores, polo que convidamos a toda a comunidade científica ao boicot activo ao complexo militar-industrial impedindo que se beneficie dos avances tecno-científicos.

Tags:

Xa temos a campaña galega pola Obxección Fiscal ao Gasto Militar 2016. Este ano o lema que empregamos é "Cubrámonos do militarismo".

O domingo, aproveitando a mani do 1º de maio repartiremos centos de folletos. Por se non andades en Vigo aquí deixamos o enlace para que descarguedes > http://arkipelagos.net/fiscal_2016.pdf

Cubrámonos do militarismo

A 30 anos do referendo, a OTAN pouco ou nada mudou na súa razón de ser, en tanto que fenómeno histórico. Desde a progresiva militarización da sociedade -cun gasto militar que non deixou de medrar a pesares da crise económica-, á resolución de conflitos unicamente pola vía armada, o crecemento e diversificación da industria militar ou o feito de o Estado español se converter nun importante comerciante de armas a nivel internacional.

O número de guerras e conflitos armados na actualidade, con moito superior ás cifras que os organismos oficiais manifestan, corroboran a íntima relación entre escalada bélica e economía.

O pasado 6 de abril comezou a campaña oficial do Ministerio de Facenda para o IRPF por internet. Poñen a disposición das contribuíntes borradores e datos fiscais ou a posibilidade de realizar a declaración co programa Padre a través de internet.

Dende os distintos colectivos que animamos no estado a campaña de Obxección Fiscal ao Gasto Militar pedimos que non se confirmen agora ningunha das propostas de facenda e que se presenten as declaracións impresas rectificadas en papel, a partir do 10 de maio, cando comeza a campaña presencial, durante a que se poden levar as declaracións ás oficinas de facenda ou ás entidades financeiras colaboradoras.

Algunhas cifras sobre o gasto militar no estado español: www.antimilitaristas.org/spip.php?article5605 - www.nodo50.org/objecionfiscal - www.grupotortuga.com/Tus-718-euros-que-el-estado-dedica

A Asamblea Antimilitarista de Madrid e Ciencia para el Pueblo comezaron a finais de 2015 unha campaña para denunciar o I+D Militar, coa intención de confluir pouco a pouco cos coletivos que historicamente sostiveron esta iniciativa intentándoa abrir ao máximo de movementos sociais posíbeis.

Tedes toda a información nesta ligazón > www.antimilitaristasmadrid.org/clausula-contra-el-uso-militar-de-la-ciencia

Debe un estaleiro público vender armamento de guerra a un país que está a violar os dereitos humanos? Esta é pregunta que lanza unha campaña de Amnistía Internacional, que polo de agora leva recollidas máis de 25.000 firmas. Dende o Espazo Aberto Antimilitar dámoslle pulo a esta pregunta, xa que pensamos moi necesaria a reflexión, e sobre todo a acción, respecto a necesidade de evitar que se sigan tirando os cartos de todas na industria militar e polo tanto na guerra,

Aquí partillamos a nova: www.galiciaconfidencial.com/noticia/28566-navantia-debe-construir-barcos-violar-dereitos-humanos

Achegamos un texto das compas de Gasteizkoak. Talde antimilitarista que estrean web > gasteizkoak.org

Entre a xente que nos coñece, nos últimos tempos circulaba unha dúbida o colectivo antimilitarista Gasteizkoak segue existindo? Xa non dá charlas nin escribe informes, nin dossieres, nin libros, nin tan sequera artigos de prensa... E comprendemos as dúbidas. Á nosa habitual tendencia ao autismo elixido, sumóuselle outra de nosas ? “Tempadas guadianas”, nas que desaparecemos durante un tempo para reaparecer de novo con novas iniciativas e traballos. Unha delas é a que hoxe vos queremos presentar: a creación da nosa páxina web > http://gasteizkoak.org

Partillamos a nota enviada logo da acción na xunta de accionistas do BBVA:

Como todos los años desde 2007, la Plataforma contra el BBVA que conformamos antimilitaristas, ecologistas, educadores y educadoras, sindicalistas, personas afectadas por la crisis, internacionalistas, etc., nos hemos concentrado hoy viernes 11 de Marzo frente a la Junta de Accionistas del BBVA, y también una vez más hemos realizado una acción echándonos pintura roja que simboliza la sangre para poner la atención en que el BBVA MATA. Nuevamente repetimos las mismas fórmulas porque nuevamente el BBVA continúa desoyendo las voces que se alzan allá donde opera.

En esta ocasión, además, se han sumado a la acción activistas de diversos puntos del estado, como Canarias y Madrid, para denunciar el largo alcance de las políticas de este banco.

Colamos un texto traducido ao galego que tomamos de Insumissia:

O 12 de marzo de 1986 realizouse en España un referendo sobre a permanencia de España na OTAN.

España pertence á OTAN desde o 30 de maio de 1982, época na que na que había un gran rexeitamento popular á entrada na OTAN e a maioría dos partidos da oposición de esquerdas mostráronse en contra da entrada á devandita organización, mesmo manifestaran que se chegaban ao goberno deterían o proceso de integración e convocarían un referendo.

Entre as razóns de oposición ao ingreso á OTAN, expúñanse:

a) A OTAN non é garantía da supervivencia da democracia española, tal e como o demostraba a presenza na Organización de réximes totalitarios como Grecia e Turquía.

b) Non garantía o ingreso no Mercado Común.

c) Incremento notable dos gastos militares.