Historically, Australian medical schools have followed the British tradition by conferring the degrees of Bachelor of Medicine and Bachelor of Surgery (MBBS) to its graduates whilst reserving the title of Doctor of Medicine (MD) for their research training degree, analogous to the PhD, or for their honorary doctorates. A notable exception is the Bachelor of Medicine (BMed) joint program of the University of Newcastle and the University of New England. Although the majority of Australian MBBS degrees have been graduate programs since the 1990s, under the previous Australian Qualifications Framework (AQF) they remained categorised as Level 7 Bachelor degrees together with other undergraduate programs. The latest version of the AQF includes the new kamagra ireland buy kamagra category of Level 9 Master's degrees (Extended) which permits the use of the term 'Doctor' in the styling of the degree title of relevant professional programs.





Ensino pola paz

18 Nov 2015

Colamos esta nova publicada en directa.cat:

"A patrulla Águila do Exército do Aire español sobrevoou o litoral de Mataró o 20 de setembro. Enmarcadas na Festa del Cel, que se celebraba por segundo ano consecutivo na capital do Maresme, as manobras contaron co rexeitamento da plataforma De peus a terra: No a la Festa del Cel i l’oposició municipal d’esquerres (ERC-MES-AM, VoleMataró, CUP i ICV-EUiA), que esixían que se detivera o acto polo gasto "desproporcionado" que supuña (538.000 euros) e porque contradicía "os valores da paz e o antimilitarismo ". Esta exhibición de aparatos militares ilustra o que moitas entidades defensoras da paz cualifican de militarización da sociedade."

---

Fonte: https://directa.cat/educar-pau

Tags:

Con eventos como estes o que nos sae é berrar: A guerra fóra de aquí!

Os vindeiros 19 e 20 de novembro, organizada polo Centro Universitario de Defensa, terá lugar na Escola Naval de Marín coa colaboración Subdirección Xeral de Planificación, Tecnoloxía e Anovación da Dirección Xeral de Armamento e Material, a Cátedra Isdefe da Universidade Politéctica de Madrid, o propio Isdefe (Empresa Pública de Consultoría e Enxeñeiría ao servizo de organismos públicos nacionais e internacionais) e demais Centros Universitarios de Defensa.

+info: http://cud.uvigo.es/index.php?option=com_content&view=article&id=1389&It...

Partillamos a convocatoria do 1º ciclo de cinema no C.S. Fuscalho que terá lugar todos os xoves ás 20:00 dende o 19 de novembro ata o 10 de decembro.

Este primeiro ciclo xirará en torno ao polémico tema do belicismo; a idea consiste en ir proxectando ciclos mensuais en torno a diferentes problemáticas que nos parece interesante salientar…

E por que non empregar unha ferramenta tan útil e á vez tan fermosa coma o cinema.

Estes son os filmes programados neste ciclo:

A vindeira semana a xente do Espazo Aberto Antimilitar, do G.A.S. e da ODS-Coia organizamos dúas actividades:

- Documental: "Ouróboros. La espiral de la pobreza” con Julio Reyero un dos membros do equipo. Será o xoves 19 ás 20h00 no C.S. A Revolta (R/ Real, 12 - Vigo).

- Palestra: "A cen anos do Congreso Internacional da Paz. Ferrol 1915". A cargo de Eliseo Fernández, investigador especializado no movemento obreiro galego en xeral, e no anarcosindicalismo e o anarquismo en particular. Será o sábado 21 ás 20h00 no local da cooperativa Árbore (R/López Mora 30 - Vigo).

Cando un século atrás sinalados militantes do obreirismo galego de raíz anarquista fixeron súa a tarefa de dar vida a un evento que marcara distancias entre os bandos enfrontados durante da I Guerra Mundial, facendo  fincapé na responsabilidade última do proletariado ante a guerra, poucos imaxinaron os obstáculos de todo tipo que deberían sortear para que un tal acontecemento callara.

A empresa IMI Ltd, propiedade do estado de Israel, asinou un contrato por catro anos co Ministerio de Defensa para subministrar a munición regulamentaria da OTAN.

O 22 de agosto, o Boletín Oficial do Estado publicaba a formalización dun contrato de 33.720.392 euros para adquirir cartuchos do calibre 5,56 (o oficial da OTAN e, polo tanto, dos fusís do exército español) a diferentes empresas.

---

Fonte: https://directa.cat/israeliana-imi-proveira-lexercit-espanyol-de-municio...

Durante o mes de outubro e ata o 6 de novembro, terán lugar as manobras Trident Juncture da OTAN, principalmente en Italia, Portugal e no Estado español co propósito de adestrar e ensaiar operacións de intervención a grande escala fronte á terceiros países.

Será un exercicio en que participarán 36.000 efectivos de máis de 30 nacións, dos cales 20.000 manobrarán simulltaneamente no Estado español.

Constará de dúas fases: unha de avalización e certificación da estructura de mando (onde os militares xogarán dentro das súas bases), e unha segunda onde sairán a xogar á guerra nos nosos territorios, ensaiando operacións navais, aéreas, terrestres, desembarcos anfibios, paracaidistas, accións en ambiente urbano, intervencións en ambiente NRBQ [nuclear, radiolóxico, bacteriolóxico e químico] e actuación de forzas de operacións especiais.

Colamos a seguinte nova que podemos ler en Galicia Confidencial:

A viceportavoz do grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Yolanda Díaz, acusou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de "mentir" sobre o carácter civil do aeródromo de Rozas, e denunciou que alí se desenvolven proxectos militares.

Neste sentido, o deputado Ramón Vázquez dixo que na pasada semana e a actual está a probarse o modelo Searcher MKIIJ, que xa foi utilizado na guerra de Afganistán e en Palestina, un conflito en que en 2014 morreron 2.200 persoas, delas 500 menores e cun 37 por cento das vítimas causadas polos drones.

Exército Europeo?

11 Set 2015

Xunto con outras organizacións do estado español, acabamos de apoiar a publicación dun documento do Colectivo Utopía Contagiosa, sobre a idea que se manexa en Europa dun exército europeo.

Aínda que é algo oculto, a realidade é que a construción da superestructura europea tamén consolida un reforzo do militarismo e a idea intervencionista como un dos seus grandes eixos.