Onte o barco cargado de activistas internacionais que ía dirixido a Gaza foi, de novo, interceptado polo exército de Israel en augas internacionais.

etiquetas: 

Achegamos o programa das xorndas Anti-Represivas que ao longo do mes de xuño vanse celebrar en Ourense. Tedes máis información na web: https://xornadasantirepresivas.wordpress.com

1. Charla ‘A Tortura como Negocio’ a cargo de Santi Cobos, 22 anos preso en réxime FIES (4 de xunho, 20 horas, Lusco e Fusco).

2. Obradoiro de Seguranza Informática (10 e 11 de xunho, 19:30 horas, Bar Grándola)

Podemos ler nas páxinas dos medios fanáticos da guerra o seguinte artigo sobre a base de Morón:

O Marianne, un dos  barcos da III Flotilla da Liberdade que navega rumbo a Gaza para tentar romper o infame bloqueo a que Israel somete a Faixa desde hai 8 anos, chegará a Bueu o sábado 30 de maio ás 12:00. Ficará amarrado no porto até a mañá do luns 1 de xuño, momento en que partirá con destino a Lisboa, a seguinte parada da travesía que o levará a asediada Faixa de Gaza.

Máis info: www.bds-galiza.org

etiquetas: 

O Espazo Aberto Antimilitar continúa coas charlas de presentación da campaña de Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2015. Nesta ocasión o novo local de Árbore (López Mora 30 - Vigo) acollerá este acto o venres 29 de maio ás 20:30.

O Espazo Aberto Antimilitar convoca un acto de presentación da campaña de Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2015. Será o venres 15 de maio ás 20:30 na parroquia do Cristo da Vitoria de Coia (r/Baiona 9, Coia - Vigo).

A obxección fiscal aos gastos militares é un acto de desobediencia civil que consiste en negarse a  colaborar co estado á hora de sufragar os gastos destinados á preparación de guerras, mantemento da estrutura militar, exército e outros corpos armados destinados ao control social.

Tecnicamente, desobedécese de forma activa no momento de realizar a declaración da renda, desviando unha parte dos impostos que nos cobran a un proxecto que traballe pola xustiza social.

Un deses proxectos, que o EAA propomos como destino da obxección este ano, é a Asemblea Aberta de Coia, que participará tamén na presentación da campaña facendo un repaso destes meses de loita na rotonda de Coia en contra da dilapidación de cartos públicos e da desfeita de políticas sociais.

O 26 de febreiro de 1915, o Ateneo Obrero Sindicalista de Ferrol facía pública a convocatoria dun Congreso Internacional da Paz, que tería como obxecto a reunión de sociedades operarias de todo o mundo para tentar organizar a oposición proletaria á I Guerra Mundial.

Tedes o resto da información desta xornada neste enlace: http://unionlibertaria.org/ul/2015/04/centenario-do-congreso-da-paz-e-li...

Este ano na campaña galega pola OFGM 2015 propoñemos a dous colectivos como destino para os vosos cartos:

- Asemblea Aberta de Coia, xurde como contestación veciñal ante a dilapidación que supón a colocación dun barco de valor histórico nunha rotonda dun barrio especialmente golpeado pola crise. Represión policial e xudicial foron as únicas respostas que tivemos dende as administracións; deste xeito, varias persoas do colectivo enfróntase á solicitude de penas de cárcere e a desproporcionadas multas pola súa resistencia pacífica en defensa dos dereitos sociais. O número de conta da asemblea é ES96 2100 4831 90 220006635. +info: nonarotonda@gmail.com | @AsembleaDeCoia | facebook.com/asembleaabertacoia

- Grupo antimilitarista de Alacant, fundado en 1999 en gran parte por persoas que xa proviñan do Movemento de Obxección de Conciencia da Provincia. A día de hoxe forma parte da rede estatal Alternativa Antimilitarista-MOC e coordínase, entre outros, coa Internacional de Resistentes ás Guerras ou a Rede Europea contra a OTAN. Este ano foron xulgados varios dos seus membros por accións antimilitaristas non violentas. +info: www.grupotortuga.com

Páxinas