¿Qué é a Obxección Fiscal?A Obxección Fiscal (OF) é un acto de Desobediencia Civil que consiste en, á hora de facer a Declaración da Renda, non pagar ao Estado o diñeiro que este dedica á guerra e á sua preparación. A OF non supón evadir impostos, senón desviar cara proxectos sociais a cantidade que sería destinada a fins militares. Aínda que non teñamos a obriga de pagar o IRPF, tod@s pagamos impostos cos que, queramos ou non, se financia o militarismo. Do mesmo modo, a Obxección Fiscal podemo-la fazer tod@s. E, se non queremos recorrer á OF, aínda podemos reclamar do goberno que o direito a non colaborar cos gastos militares sexa recoñecido e respeitado. Consideramos que o mellor xeito de resolución dos conflictos entre os pobos é o diálogo, a cooperación e a solidariedade. Cremos que o principal camiño para conquerir un mundo en paz é favorecer a xustiza. E non estamos de acordo co destino militarista nen coa forma en que son utilizados os nosos impostos (directos e indirectos). Ao Estado: a progresiva diminución do gasto militar até a súa eliminación e, por conseguinte, a desaparición dos exércitos. A tóda as persoas e movementos sociais: a desobediencia civil, por medio da O.F., frente á imposición de colaborar co militarismo. |