campañas
O Espazo Aberto Antimilitar dentro das actividades da campaña contra o gasto militar e pola obxección fiscal 2010 organiza a charla:
"O intervencionismo de exército español, caso de Afganistán" a cargo de Alejandro Pozo (investigador do Centre d'Estudis per la Pau J.M. Dels - Justícia i Pau, www.justiciaipau.org). Terá lugar o venres 16 de abril ás 20h30 no CSA "Cova dos Ratos" (Romil 3 baixo - Vigo).
Cascos azuis en misión de paz, ou... militares da OTAN en misión de guerra?
O Estado español colabora coa ocupación militar de Afganistán, a cal non deixa de matar á poboación civil. 1550 son os millóns de euros gastados. 14000 os militares españois que teñen pasado por Afganistán, máis de 1500 actualmente fixos a petición dos EE.UU. Xa son 90 os soldados españois mortos. As baixas civís poden chegar ás 31000 persoas mortas...
O Espazo Aberto Antimilitar lanza outro ano máis a campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares (OFGM) baixo o lema: "Os teus impostos matan, ti podes desarmalos". Como cada ano vos propoñemos destinos alternativos aos que enviar os cartos, este ano ademais do propio Espazo son: A Ría Non Se Vende e a Asociación Revolucionaria de Mulleres de Afganistán (RAWA).
"Os teus impostos matan, ti podes desarmalos".
Coa que está caendo (crise económica e os conseguintes recortes sociais), o Goberno vai empregar (como mínimo) a cantidade de 18.160,89 millóns de euros en gasto militar. Cantidade que, obviamente, aportamos todas vía impostos; cantidade que NON será dedicada a pensións, ensino, sanidade ou subsidios, por poñer algúns exemplos.
Esta inversión continuada, descomunal e disparatada en investigación militar, armamento e en manter un exército cada vez máis expedicionario, non contribúe en absoluto a mellorar a seguridade de ninguén. Antes ben, supón un risco para a existencia da vida, e do mesmo planeta.
Programas coma o HAARP* estadounidense, consistente na manipulación da propia atmosfera para poñela ao servizo da eficiencia militar, poñen en evidencia que este risco non é unha hipótese posíbel nun futuro lonxano, senón que é unha realidade plenamente actual.
Alternativa Antimilitarista-MOC presenta os datos das persoas que no ano 2009 obxectaron aos gastos militares no Estado Español. En total 875 persoas (aínda que saben que foron moitas máis) obxectaron aos gastos militares, desviando unha contía de 80.600 € a organizacións cidadás que lle deron un mellor uso aos cartos que o Estado Español pretendía dedicar á guerra.
A nova completa a podedes ler neste enlace: www.antimilitaristas.org/spip.php?article4443
Barco a Gaza é unha iniciativa de solidariedade concreta con Gaza. O noso obxectivo é, axiña como sexa económica e practicamente factible, enviar a Gaza un barco cargado con bens de primeira necesidade dende Escandinavia, facendo escala en portos de Europa e o Mediterráneo. Nos portos visitados realizaranse actos culturais e de solidariedade, en cooperación con organizacións locais. A distribución da axuda en Gaza será administrada por organizacións politicamente independentes. Máis información na súa web: www.barcoagaza.org
Achegamos a entrevista que nos fixeron para a Radio Piratona, a podedes escoitar neste enlace: piratona.arkipelagos.net/contrainformativos/20090623-Contras.mp3
Aquí tedes o panfleto para iste ano, podedes sacar copias e repartilo como vai... pero si preferides adaptalo ao voso gusto ou peculiar realidade, nós encantadísimas.
panfleto 2009, un A4 a duas caras, en pdf, "casi" listo para imprimir.
Os datos dos gastos estan en folla de cáculo de OpenOffice, as gráficas en svg.

Hai sesenta anos creouse a OTAN para organizar a defensa dos Estados de Europa occidental e de Norteamérica ante a Unión Soviética. O final da guerra fría deixou sen razón á OTAN, que de súpeto quedou sen inimigo. Entón iniciouse a reconversión dos seus obxectivos políticos e militares para xustificar a súa existencia.
No cume de Wáshington de 1999 redefínese a estratexia da Alianza. Coa escusa de contribuír á estabilidade e paz mundial, amplía o seu radio de acción de forma ilimitada en todo o mundo. En realidade, este cambio de estratexia ten como obxectivo prioritario controlar as zonas produtoras de recursos naturais e de importancia xeoestratégica.
Co lema "Plantémoslle cara ás guerras, plantémoslle cara á OTAN" o espazo aberto antimilitar convoca un acto de rúa anti-OTAN co fin de presentar a campaña de Obxección Fiscal 2009. Este ano a campaña aproveita o 60 aniversario desta organización para poñer en evidencia as súas actuacións nestes anos.
O acto de rúa será o sábado 4 de abril ás 18.30 no cruce de Colón coa rúa do Príncipe.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »


