Non ao Gasto Militar Páxina do Espazo Aberto Antimilitar - Vigo



actividades

O pasado sábado 19 de xuño o Espazo Aberto Antimilitar saía á rúa para visibilizar as enormes contías que o Estado invirte na guerra, no ano pasado ese gasto supuxo o 12,47% do orzamento total.

Eses datos chaman moito máis a atención se os comparamos cos dedicados a partidas como educación, sanidade, prestacións sociais, etc. Por iso no cruce de Príncipe con Colón puxemos varias caixas que representaban esas enormes diferenzas. No acto tamén aproveitamos para lembrar que ata finais de mes temos tempo para facer Obxección Fiscal aos Gastos Militares nas nosas declaracións.

Se pensas que un gasto militar de 23.115'03 millóns euros (o 12,47% do Orzamento Xeral do Estado Español) é inaceptable achégate ás actividades que no mes de xuño organizamos dende o Espazo Aberto Antimilitar contra os gastos militares:

- Charla/debate: xoves 17 ás 20h30 no CSA Guindastre (Xulián Estévez 22, Teis)

- Acto de rúa: sábado 19 ás 18h00 no cruce de Colón con Príncipe.

E non te esquezas de facer Obxección Fiscal na túa declaración da renda!

O pasado mércores 10 de marzo pola tarde, realizouse unha acción reivindicativa, tinguindo de vermello o auga da fonte do monumento aos mariñeiros na Gran Vía de Vigo, colocando unha faixa co lema "Fóra tropas de Afganistán", e pegando nos arredores carteis informativos sobre a ocupación de Afganistán.

Esta acción, enmárcase nunha campaña contra a ocupación de Afganistán, e en xeral contra toda presencia de tropas españolas en conflitos internacionais.

O Espazo Aberto Antimilitar convídavos a celebrar un Magosto Antimilitar baixo o lema "Castañas non Bombas" que terá lugar o sábado 12 de decembro a partires das 18h00 na Praza da Princesa. Na festa non faltará música, información e como non castañas, bebida...

Achegamos o texto que repartiremos no magosto: "Virán tempos peores e nos farán máis cegas"

A semana do 16 ao 20 de Novembro, a organización israelí Anarquistas contra o Muro estará de xira por terras galegas, de man dos sindicatos da CNT de distintas localidades.

O pasado xoves 16 de xullo, unhas corenta persoas xuntámonos en Príncipe convocadas polo Espazo Aberto Antimilitar e A Ría Non Se Vende, para denunciar a celebración do Festival Aéreo de Vigo, como un espectáculo militarista, armamentista e que despilfarra sen necesidade cartos públicos, contamina a ría e supón un alto (e absurdo) nivel de consumo enerxético.

Para chamar a atención das viandantes, unha ducia de victimas coa súa correspondente lápida, lembraban outros festivais aéreos que se fixeron famosos ao longo da historia, o de Gernika, o de Dresden, o de Bagdad, o de Hiroshima, o de Nagasaki os habituais hoxe en día en Afganistán, etc.

O Espazo Aberto Antimilitar e A Ría Non Se Vende convocan o xoves 16 de xullo un acto de repulsa contra o festival Aéreo de Vigo que se celebrará en Vigo o día 20 de xullo, será ás 20.00 na rúa do Príncipe diante do Marco.

Novamente a cidade acolle este festival internacional, un despilfarro máis, outro atentado ecolóxico á ría, outra limpeza de cara do exército e da súa verdadeira función.

Achegamos o texto que elaborou o Espazo baixo o título: "A guerra como espectáculo"

O 20 de febreiro do 1989 presentábanse en Bilbao os primeiros insubmisos ao Servizo Militar Obrigatorio, iniciábase así unha estratexia de desobediencia que durante 12 anos de actividade deu lugar a que 25.000 rapaces se declarasen insubmisos, dos cales 1.670 pasaron pola cadea.

Agora no 2009 queremos lembrar o que foi esa loita, na que moitas galegas participaron solidaria e activamente.

A tal fin o venres 26 de xuño ás 20 h. teremos na Cova dos Ratos aos insubmisos: Manolo Pipas, Antón Arranz, Ricardo Conde, Alberto Naya e Joseph Ghanime.