2006
O sábado 17 de xuño ás seis da tarde, unha trintena de antimilitaristas xuntámonos no cruce entre Príncipe e Colón para levar á rúa a campaña galega pola Obxección Fiscal aos Gastos Militates 2006.
En Vigo levamos adiante esta campaña a xente do Espazo Aberto Antimilitar (Ateneo Libertario, CGT, Asociación Caleidoskopio e GAS), rematando así a campaña que durante estes meses levounos a facer charlas en “A Cova dos Ratos”, “A Revolta”, a parroquia do Cristo da Victoria, a tenda de comercio xusto “Crisol” e a poñer unha mesa informativa o 1 de maio.
- Sábado 1 de abril ás 19:00 no salón de actos da Parroquia do Cristo da Victoria (Coia) rúa Baiona fronte ao instituto Coia 2.
- Xoves 6 de abril ás 20:15 No Centro Crisol de Comercio Xusto r/Camelias, 14
Organiza: Espazo Aberto Antimilitar cargo de membros do Espazo Aberto Antimilitar (formado pola Asociación Caleidoskopio, Grupo Axitación Social, Ateneo Libertario de Vigo e CGT) dentro da "Campaña Galega pola Obxección Fiscal 2006", que levan adiante colectivos e persoas interasadas en difundir o irracional Gasto Militar así como en dar alternativas á cidadanía para combatilo e crear entre todas as persoas outra sociedade.
Convocamos para unha concentración lúdica na que haberá posto informativo, pase modelos de ropa militar, montaxe de puzzle colectivo... Será no cruce de Príncipe con Colón.
Este acto é parte da Campaña pola obxección fiscal aos gastos militares 2006 "CORTA co MILITARISMO, CORTA co GASTO MILITAR. DESARMA OS TEUS IMPOSTOS"
Máis info en: http://galiza.indymedia.org/pt/2006/06/7395.shtml


