Historically, Australian medical schools have followed the British tradition by conferring the degrees of Bachelor of Medicine and Bachelor of Surgery (MBBS) to its graduates whilst reserving the title of Doctor of Medicine (MD) for their research training degree, analogous to the PhD, or for their honorary doctorates. A notable exception is the Bachelor of Medicine (BMed) joint program of the University of Newcastle and the University of New England. Although the majority of Australian MBBS degrees have been graduate programs since the 1990s, under the previous Australian Qualifications Framework (AQF) they remained categorised as Level 7 Bachelor degrees together with other undergraduate programs. The latest version of the AQF includes the new kamagra ireland buy kamagra category of Level 9 Master's degrees (Extended) which permits the use of the term 'Doctor' in the styling of the degree title of relevant professional programs.





OTAN

O pasado 27/05/16, o grupo parlamentario europeo de Esquerda Unida organizou unha charla en Compostela  sobre a posibilidade de que a OTAN instale unha base de drons en Galiza.

"O intento do PP de agochar contratos, fondos económicos e certificacións de seguridade da base de drons de Rozas, en Galicia, segue a folla de ruta dunha estratexia máis de ampliación das áreas de influencia das potencias occidentais na senda da intensificación da política intervencionista dos países integrados na OTAN".

Crónica da mesma: http://esquerdaunida.org/rozas-posible-epicentro-dunha-base-militar-de-d...

Tags:

Achegamos un texto das compas de Gasteizkoak. Talde antimilitarista que estrean web > gasteizkoak.org

Entre a xente que nos coñece, nos últimos tempos circulaba unha dúbida o colectivo antimilitarista Gasteizkoak segue existindo? Xa non dá charlas nin escribe informes, nin dossieres, nin libros, nin tan sequera artigos de prensa... E comprendemos as dúbidas. Á nosa habitual tendencia ao autismo elixido, sumóuselle outra de nosas ? “Tempadas guadianas”, nas que desaparecemos durante un tempo para reaparecer de novo con novas iniciativas e traballos. Unha delas é a que hoxe vos queremos presentar: a creación da nosa páxina web > http://gasteizkoak.org

Colamos un texto traducido ao galego que tomamos de Insumissia:

O 12 de marzo de 1986 realizouse en España un referendo sobre a permanencia de España na OTAN.

España pertence á OTAN desde o 30 de maio de 1982, época na que na que había un gran rexeitamento popular á entrada na OTAN e a maioría dos partidos da oposición de esquerdas mostráronse en contra da entrada á devandita organización, mesmo manifestaran que se chegaban ao goberno deterían o proceso de integración e convocarían un referendo.

Entre as razóns de oposición ao ingreso á OTAN, expúñanse:

a) A OTAN non é garantía da supervivencia da democracia española, tal e como o demostraba a presenza na Organización de réximes totalitarios como Grecia e Turquía.

b) Non garantía o ingreso no Mercado Común.

c) Incremento notable dos gastos militares.

Durante o mes de outubro e ata o 6 de novembro, terán lugar as manobras Trident Juncture da OTAN, principalmente en Italia, Portugal e no Estado español co propósito de adestrar e ensaiar operacións de intervención a grande escala fronte á terceiros países.

Será un exercicio en que participarán 36.000 efectivos de máis de 30 nacións, dos cales 20.000 manobrarán simulltaneamente no Estado español.

Constará de dúas fases: unha de avalización e certificación da estructura de mando (onde os militares xogarán dentro das súas bases), e unha segunda onde sairán a xogar á guerra nos nosos territorios, ensaiando operacións navais, aéreas, terrestres, desembarcos anfibios, paracaidistas, accións en ambiente urbano, intervencións en ambiente NRBQ [nuclear, radiolóxico, bacteriolóxico e químico] e actuación de forzas de operacións especiais.

As manobras Trident Juncture protexen exclusivamente a unha minoría privilexiada, acrecentan o gasto militar mundial en detrimento do investimento imprescindíbel en necesidades sociais e humanitarias, como combater as consecuencias dramáticas da crise capitalista, frear a degradación ambiental, promover o comercio xusto, a solidariedade económica ou a cooperación para o desenvolvemento global do planeta. Só en 2014 o gasto militar mundial foi de 1,8 billóns de dólares, mentres que en 2016 o Estado Español consumirá 24.489,96 millóns na preparación da guerra e en control social. Na actualidade os 5 países con maior gasto militar de Europa occidental son Francia, Reino Unido, Alemaña, Italia e o reino de España.

Durante o mes de outubro e ata o 6 de novembro do 2015 terán lugar as manobras Trident Juncture da OTAN, principalmente en Italia, Portugal e no Estado Español.

Coa participación de máis de 36.000 militares de 30 estados, as manobras serán “o exercicio máis importante da OTAN durante 2015” e “o maior despreguamento da Alianza Atlántica trala «Guerra Fría» e na última década, segundo o propio Ministerio de Defensa Español. Máis da metade da forza militar, 20.000 soldados, despregaranse en oito puntos do Estado Español: A maior parte en San Gregorio (Zaragoza), aínda que Andalucía tamén terá un papel importante durante las manobras.

+info: http://noalaotan.nosorganizamos.net/

Tags:

Activistas antimilitaristas bloquearam em 17 de março umha conferência da OTAN [Organizaçon do Tratado do Atlântico Norte] numha mansom na zona rural de Sussex. Enquanto isso, faixas foram pendurados perto das pontes rodoviárias próximas ao local, para saudar os delegados que chegaram em Wiston House em Steyning.

As manifestantes conseguiram bloquear a entrada da frente por mais de umha hora, levando a cenas caóticas no A283, como carros em fila para entrar na propriedade.

Um oficial do evento falou aos manifestantes: "Se vocês evitarem que o evento aconteça, os delegados nom vam estar aqui para vê-los protestando, assim vocês nom vam passar a sua mensagem para eles!".

A nova completa neste enlace: http://abordaxerevista.blogspot.com.es/2014/03/reino-unido-anarquistas-b...

Tags:

 

O Espazo Aberto Antimilitar convídavos á presentación dos libros a cargo de dous compañeiros de Bardo edicións (bardoediciones.net)

- "Ejércitos en las calles. Algunas consideraciones sobre el informe Urban Operations in the year 2020 de la OTAN"

- "Si vis pacem. Repensar el militarismo en la época de la guerra permanente: Textos de las Jornadas Antimilitaristas de Barcelona, septiembre de 2010"

Será o Martes 17 de maio ás 20.00 horas no CSA Cova dos Ratos (rúa Romil, 3 baixo - Vigo).