exército
O exército de Israel volveu a amosar a súa crueldade, desta banda asasinando as 16 activistas e ferindo a moitos máis que se dirixían a Gaza a levar axuda humanitaria na Flotilla Solidaria.
A prensa destes días está a ofrecer moita información do ataque, aquí deixamos a nova aparecida en Periodismo Humano sobre o ataque:
Al menos 16 muertos en el ataque de Israel a la flota humanitaria
El Ejército de Israel ha asaltado esta madrugada a la flota humanitaria que transportaba ayuda humanitaria a Gaza desafiando el bloqueo de la franja. La televisión israelí habla ya de 16 muertos, aunque los oficialmente confirmados por el ejército son 10. El ataque se ha producido en aguas internacionales alrededor de las cuatro de la mañana de hoy lunes. Se desconoce la suerte de los tres españoles que viajaban en el grupo.
Deixamos o audio da charla celebrada na Cova dos Ratos que levou por título: "O intervencionismo do exército español, caso de Afganistán" a cargo de Alejandro Pozo (investigador do Centre d'Estudis per la Pau J.M. Dels - Justícia i Pau.
Podedes descargar a presentación que usou Alejandro na charla neste pinchando neste enlace.
O Espazo Aberto Antimilitar dentro das actividades da campaña contra o gasto militar e pola obxección fiscal 2010 organiza a charla:
"O intervencionismo de exército español, caso de Afganistán" a cargo de Alejandro Pozo (investigador do Centre d'Estudis per la Pau J.M. Dels - Justícia i Pau, www.justiciaipau.org). Terá lugar o venres 16 de abril ás 20h30 no CSA "Cova dos Ratos" (Romil 3 baixo - Vigo).
Cascos azuis en misión de paz, ou... militares da OTAN en misión de guerra?
O Estado español colabora coa ocupación militar de Afganistán, a cal non deixa de matar á poboación civil. 1550 son os millóns de euros gastados. 14000 os militares españois que teñen pasado por Afganistán, máis de 1500 actualmente fixos a petición dos EE.UU. Xa son 90 os soldados españois mortos. As baixas civís poden chegar ás 31000 persoas mortas...
Chámanos a atención que se critique o "extremismo" dunha xente que fala de mellorar a sociedade cara á paz e o desarme e que só emprega medios noviolentos para iso.
É curioso, pero a nós o extremo parécenos que é a mesma realidade na que vivimos.
O planeta vai ao desastre ambiental se non se modifican as políticas actuais. Os políticos e industriais que permiten que se siga contaminando dunha forma suicida non son considerados extremistas pero os ecoloxistas que denuncian o perigo que corremos todos si son riscados de radicais.
Non é certo que acabar cos exércitos sería eliminar postos de traballo. Estamos a falar de que a sociedade destina un auténtico diñeiral en pagar persoas que realizan un traballo que carece de utilidade social, e que dende a óptica dalguns -entre os cales nos incluímos- é claramente nocivo. O mesmo podemos dicir das persoas que traballan na industria armamentística fabricando artefactos que despois serán empregados, como puido comprobarse coa recente invasión de Gaza, en rematar coa vida de persoas inocentes.
O Espazo Aberto Antimilitar e A Ría Non Se Vende convocan o xoves 16 de xullo un acto de repulsa contra o festival Aéreo de Vigo que se celebrará en Vigo o día 20 de xullo, será ás 20.00 na rúa do Príncipe diante do Marco.
Novamente a cidade acolle este festival internacional, un despilfarro máis, outro atentado ecolóxico á ría, outra limpeza de cara do exército e da súa verdadeira función.
Achegamos o texto que elaborou o Espazo baixo o título: "A guerra como espectáculo"
A UME é o último coello que sacou da chistera (ou do quepis) Zapatero. Non imos negar que a Unidade Militar de Emerxencias poida facer o seu traballo con profesionalidade e/ou abnegación. Diso ben sacan peito políticos e militares. Pero a santo de que vén tanto autobombo? É que bombeiros e brigadas de extinción de incendios non son profesionais e non traballan con entrega e sacrificio ante situacións moi duras? É curioso, pero aínda que haxa decenas de brigadas de persoal civil apagando un lume ou buscando un cadáver nun río, cada vez que a UME despraza un camión cisterna ou unha unidade calquera a facer calquera cousa iso é noticia no telexornal e o outro non. É que eles -os militares- ao igual que os bombeiros, non o fan por un soldo? Os militares da UME acaso apagan o lume gratis?
Non é certo que os exércitos se dediquen preferencialmente a tarefas humanitarias. Segundo datos do propio Ministerio Español de Defensa só un 1% do gasto da misión en Afganistán, que é cuantiosa, emprégase en axuda humanitaria. Investimento que lles sae ben a conta, xa que é a escusa perfecta para realizar unha publicidade enganosa con respecto ao que os militares realmente fan alí.


