Historically, Australian medical schools have followed the British tradition by conferring the degrees of Bachelor of Medicine and Bachelor of Surgery (MBBS) to its graduates whilst reserving the title of Doctor of Medicine (MD) for their research training degree, analogous to the PhD, or for their honorary doctorates. A notable exception is the Bachelor of Medicine (BMed) joint program of the University of Newcastle and the University of New England. Although the majority of Australian MBBS degrees have been graduate programs since the 1990s, under the previous Australian Qualifications Framework (AQF) they remained categorised as Level 7 Bachelor degrees together with other undergraduate programs. The latest version of the AQF includes the new kamagra ireland buy kamagra category of Level 9 Master's degrees (Extended) which permits the use of the term 'Doctor' in the styling of the degree title of relevant professional programs.





insubmisión

Esta fin de semana estreouse en Compostela 'Goldi libre', un espectáculo protagonizado polo mesmo protagonista dos feitos que o inspiran: o César Goldi insumiso dos anos 90. Un autorretrato dun insubmiso preso nos cárceres de Felipe González.

A propósito da estrea da peza teatral en Compostela Sermos Galiza publicou esta entrevista: http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/antimilitarismo-foi-movemen...

Tags:

Partillamos a crónica poética de Manolo Pipas que fixo logo de asistir á obra "Goldi libre" que se presentou na sala Ártika de Vigo hai unhas semanas.

Podedes ler a crónica no blogue do poeta > http://www.envolventesaspalabras.info/cronikas-de-tempos-de-crise/goldi-...

Na web de Chévere así falan desta peza:

A xente de O Patio de Guixar organiza este martes de decembro unha charla/coloquio sobre a insubmisión en Vigo. Nela participarań César Goldi e Ricardo Conde, insubmisos á mili e presos de conciencia nas cadeas do goberno de Felipe González.

Será o martes 13 a partires das 20:00 nos locais que esta asociación O Patio de Guixar ten na rúa Xulián Estévez 56, Guixar (Vigo).

Partillamos unha nova de La Voz de Galicia sobre o tema > http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/a-illa-de-arousa/2016/12/02/aquellos-rebeldes-anti-mili-veinte-anos-despues/0003_201612A2C12994.htm

 

Ao longo das xornadas organizadas tanto en Vigo como Morrazo sobre antimilitarismo e historia da insubmisión nestes últimos meses, xurdiu sempre o cuestionamento dos froitos daquel movemento, á marxe da posible precipitación da fin do servizo militar obrigatorio, e a dúbida de se deixou ou non algún pouso real na sociedade.

Esta mesma semana, no semanario catalán La Directa podemos atopar unha resposta, por parte dun membro do movemento de oposición ao Pla Caufec encausado pola súa loita contra este proxecto urbanístico: "Viñamos doutras experiencias políticas, mirabamos cara Itoiz (en Navarra, onde houbo unha grande oposición a un encoro); viñamos da insubmisión ao exército e comozamos a practicar outro tipo de oposición. Queriamos visibilizar o conflito na rúa e puxemos en marcha accións de desobediencia civil non violenta".

O pasado sábado 25 inaugurouse a presenza da exposición "25 anos de insubmisión" no centro social O Fresco (enlace), de Ponteareas. O acto, organizado polo Ateneo Lume Negro (enlace) e o propio centro social, consistiu nunha charla na que fixemos un breve repaso da historia do antimilitarismo, os seus principios e  vixencia  destancando, por suposto, o que supuxo a loita da insubmisión.

A continuación, unha serie de preguntas permitiron seguir profundando en cuestións como a ocupación de espazos da vida social por parte do exército, como é o caso d aUME, tna palpable en Galiza, ou outras vías de desobediencia ao militarismo a día de hoxe como a insumisión laboral.

Unha pequena merenda ofrecida polos colectivos organizadores puxo fin ao acto, se ben a expoisición seguirá cando menos unha semana máis no Fresco.

Este sábado remataron as Xonadas Antimilitaristas do Morrazo cunha charla sobre a historia da inbsubmisión en Galiza na que participaron antigos insubmisos e obxectores dunha e outra banda da Ría de Vigo.

Logo deste acto, a exposición "25 anos de insubmisión"  trasladarse ao Condado, en concreto á vila de Ponteareas. Alí  poderedes atopala, a partir do vindeiro sábado 25, data na que se inaugurará ás 20:00h, nas paredes do centro social O Fresco.

A fotografía da charla no Morrazo, no bar A Fonte do Ghalo.

O Espazo Aberto Antimilitar participará nunhas xornadas antimilitaristas organizadas en Cangas os días 10 e 18 de outubro. Animámosvos a todas/os a asistir e participar desta iniciativa desenvolvida no veciño concello do Morrazo.

O venres 10 de outubro a partires das 20:00 inaugurase a mostra de fotos "Movemento de insubmisión en Vigo" con imaxes do MOC, para a continuación escoitar a charla: "Obxección Fiscal ao gasto militar".

Todos os actos das xornadas serán na Fonte do Ghalo.

Barrio Canino, programa da radio libre Ágora Sol Radio, sumouse tamén á conmemoración dos 25 anos de insubmisión cumplidos neste 2014 cun programa adicado por completo a este tema e á presentación do libro "Teoría e Historia de la Revolución Noviolenta", escrito por un integrante da Asamblea Antimilitarista de Madrid.

Neste enlace podedes escoitar o programa > http://barriocanino.blogspot.com.es/2014/03/barrio-canino-vol112-25-anos-de.html