Non ao Gasto Militar Páxina do Espazo Aberto Antimilitar - Vigo



guerra

Vídeo: "Lost"

23 Xul 2010

Achegamos esta curtametraxe titulada "Lost" do director Alberto Dorado Aceñero. Acurta foi segundo premio, na categoría de ficción, do festival de curtametraxes Actúa de Intermón-Oxfam.

Compañeiras da Coordinadora Asturiana de Organizaciones No Gubernamentales para el Desarrollo fannos chegar o seu apoio polos actos de protesta fronte ao Festival Aéreo de Vigo.

Eles o veñen sufrindo dende o 2006 en Xixón e cada ano fan algunha acción en rexeitamento a este tipo de actos. Para este ano teñen preparado un espectaculo de animacion titulado "no es lo mismo, una pompa que una bomba" (unha exhibicion de pompas con reparto de folletos informativos e fotos antimilitaristas).

Seica non toda a cidadanía viguesa está de acordo coa celebración do festival aéreo que se vai celebrar este domingo 18 de xullo. Así o amosan os autocolantes e as numerosas pintadas presentes ao longo de todo o paseo e o muro da praia de Samil, no que se poden ler mensaxes coma: "Non a guerra, nin coma espectáculo" e "Non ao fesival aéreo".

Lémbrade que dende o Espazo propoñemosvos unha acción moi sinxela para amosar a vosa oposición a este tipo de espectáculos que teñen a guerra como telón de fondo, só tedes que facer un avión de papel e facelo voar nesa data. Podedes ver como berramos o ano pasado contra este festival na indymedia.

A fin de semana que ven a Ría de Vigo volverá a acoller o Festival Aéreo de Vigo que fará voar sobre a nosa costa unha morea de avións de guerra de distintos exércitos.

O Espazo Aberto Antimilitar de Vigo rexeita este tipo de actos e como di o lema deste ano a súa intención é simular a paz en tempos de guerra, mentres as tropas españolas extendense por Afganistán, Líbano, Somalia, etc.

O pasado xoves 1 de abril ao mediodía, o auga do pequeno lago da Praza da Independencia foi tinguido de vermello para seguir denunciando a ocupación de Afganistán, así como a presenza de tropas españolas en conflitos internacionais.

Ademais disto nos arredores coláronse carteis explicativos sobre o conflito e a campaña.

O texto da campaña e as imaxes da primeira acción as tedes neste enderezo: www.nonaogastomilitar.org/node/64

Dende Alternativa Antimilitarista - MOC ofrecen o cálculo do Gasto Militar no estado español para o ano 2010. Como veñen facendo nos últimos anos suxiren dous cómputos diferentes: o gasto estricto, e outro máis amplo que denominan “gasto militar + control social” ao que lle engaden o gasto das principais policías e o gasto carcelario.

Á hora de facer o cálculo toman como referencia o que o propio presupostou o pasado outono nos seus Orzamentos Xerais do Estado para 2010 e sinalan que "como ben aclarando o investigador José Toribio nos seus últimos informes, a realidade que aflora no intre de facer as contas ao final de cada exercicio, é que o estado entre unha cousa e outra cada ano ven realizando un gasto militar entre un 15 e un 20% superior ao que presuposta."

O pasado mércores 10 de marzo pola tarde, realizouse unha acción reivindicativa, tinguindo de vermello o auga da fonte do monumento aos mariñeiros na Gran Vía de Vigo, colocando unha faixa co lema "Fóra tropas de Afganistán", e pegando nos arredores carteis informativos sobre a ocupación de Afganistán.

Esta acción, enmárcase nunha campaña contra a ocupación de Afganistán, e en xeral contra toda presencia de tropas españolas en conflitos internacionais.

Achegamos esta web de movementos antimilitaristas de Maiorca que propoñen diversas accións para dar a benvida ao cume de Ministros de Defensa da Unión Europea que se vai celebrar nese territorio. Podedes ver toda a información das actividades que propoñen na web: comitedebenvinguda.noblogs.org

Tags: