guerra


Dende Colombia enviannos unha experiencia moi interesante chamada WarLab Odio su guerra, que consiste nun "laboratorio que estudia y cartografia el proceso de militarizacion que se realiza desde estados unidos, articulado a la estrategia del espectro completo".

etiquetas: 

Na páxina web de Fiare Galiza podemos ler unha interesante nova sobre como a banca segue a financiar con créditos millonarios á industria da guerra en España, neste caso á dedicada a facer explosivos militares.

Quince antimilitaristas ocupan a base da OTAN en Bétera e a convirten nun parque de xogos para esixir o seu peche e reclamar a retirada das tropas de Afganiastán e a abolición do exército. Podemos ler a nova completa en Insumissia.

Achegamos este artigo publicado na web de Antimilitaristas que repasa as loitas contra o militarismo no Estado Español feitas nas últimas décadas.

Resistencias contra las bases militares en España: ni un palmo de tierra para la guerra. Panorama de la lucha por la desmilitarización del territorio

etiquetas: 

Achegamos esta curtametraxe titulada "Lost" do director Alberto Dorado Aceñero. Acurta foi segundo premio, na categoría de ficción, do festival de curtametraxes Actúa de Intermón-Oxfam.

Compañeiras da Coordinadora Asturiana de Organizaciones No Gubernamentales para el Desarrollo fannos chegar o seu apoio polos actos de protesta fronte ao Festival Aéreo de Vigo.

Seica non toda a cidadanía viguesa está de acordo coa celebración do festival aéreo que se vai celebrar este domingo 18 de xullo. Así o amosan os autocolantes e as numerosas pintadas presentes ao longo de todo o paseo e o muro da praia de Samil, no que se poden ler mensaxes coma: "Non a guerra, nin coma espectáculo" e "Non ao fesival aéreo".

Lémbrade que dende o Espazo propoñemosvos unha acción moi sinxela para amosar a vosa oposición a este tipo de espectáculos que teñen a guerra como telón de fondo, só tedes que facer un avión de papel e facelo voar nesa data. Podedes ver como berramos o ano pasado contra este festival na indymedia.

A fin de semana que ven a Ría de Vigo volverá a acoller o Festival Aéreo de Vigo que fará voar sobre a nosa costa unha morea de avións de guerra de distintos exércitos.

O Espazo Aberto Antimilitar de Vigo rexeita este tipo de actos e como di o lema deste ano a súa intención é simular a paz en tempos de guerra, mentres as tropas españolas extendense por Afganistán, Líbano, Somalia, etc.

Páxinas