obxección fiscal


Este ano non se poderán mercar os impresos para a declaración da renda nos estancos, así que temos que variar o modo de facer Obxección Fiscal ao Gasto Militar, aínda que basicamente segue sendo a mesma.

Como xa vén sendo habitual, o primeiro paso é non confirmar o borrador. Se o fixésemos, poderiamos pedir unha corrección posterior, pero xa estariamos a complicar o noso traballo.

A continuación faremos a declaración co programa PADRE, indicando a cantidade de diñeiro que queremos desviar para a nosa obxección nalgunha das casas de "Retencións e demais pagamentos a conta". Este ano son as comprendidas entre a casa 512 e a 522. O propio programa encárgase de facer os cálculos co dato que incluímos.

Coincidindo co período da declaración da renda, recentemente iniciado no seu ciclo previo de envío de borradores e declaracións telemáticas, retomamos a Campaña de Obxección Fiscal ao Gasto Militar, onde se poden usar os datos que proporciona o borrador pero rexeitando confirmalos agora tal cal nolos queren facer «tragar».

A Obxección Fiscal ao Gasto Militar é un acto de Desobediencia Civil que consiste na non colaboración co Estado á hora de sufragar os gastos empregados na preparación de guerras e mantemento da estrutura militar, exército e outros corpos armados destinados ao control social. Tecnicamente desobedécese de forma activa no momento de realizar a declaración do imposto sobre a renda (IRPF) mediante o desvío dunha parte deses impostos a un proxecto que traballe pola xustiza social.

Mañá, 1 de abril , a Axencia Tributaria comezará a enviar as cartas e os sms coas propostas de declaración de IRPF.

Se queres participar activamente na campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares é fundamental que NON CONFIRMES o borrador de facenda, de facelo non poderás exercer esta práctica de desobediencia económica.

Mentres non colgamos os materiais en galego para a campaña deste ano, deixámosvos os feitos pola xente de Zaragoza neste enlace: www.lapanterarossa.net/campana-de-objecion-fiscal-al-gasto-militar-2014

O Espazo Aberto Antimilitar volve ao traballo e por iso convocamos unha asemblea/xuntanza para comezar a deseñar a campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2014.

Será o luns 3 de marzo a partires das 20:30 na Cova dos Ratos (Rúa Romil 3 baixo, Vigo).

Dita asemblea lembramos que é aberta a toda persoa que queira botar unha man a prol do antimilitarismo. Ademais de pensar como desenvolvemos a campaña pola OF 2014 trataremos de ver se as forzas que temos dan para facer algunha cousiña máis.

Animádevos a vir!

As compas de Alternativa Antimilitarista-MOC volveron a recompiltar, outro ano, o número de obxeccións fiscais no estado español neste ano 2013. Os resultados son os seguintes:

TOTAL OBXECCIÓNS NO ESTADO: 916 obxeccións – 116.494’17 € (134 obxeccións máis que o ano anterior, os datos da campaña 2012 aquí: www.antimilitaristas.org/spip.php?article5245).

En Galiza os datos son os seguintes:

GALIZA: 12 obxeccións – 990 € - -2
- A Coruña: 3 obxeccións - 168 €- +3
- Pontevedra: 8 obxeccións – 738 € — -3
- Lugo: 1 obxección – 84 € — -1
- Ourense: 0 obxeccións - 0 € - -1

Dende o Espazo Aberto Antimilitar amosamos o noso apoio a esta loita:

El Tribunal Superior de Justicia de la Comunidad Valenciana, en sentencia dictaminada recientemente, desestima el recurso de Jorge Güemes en el que solicita que le sea reconocido su derecho a la objeción fiscal al gasto militar, mediante la cual se destina a entidades sociales la parte del impuesto de la renta relativa al gasto militar.

El TSJ apoya su dictamen en que: “aunque a la parte recurrente le asista el derecho a la objeción de conciencia por motivos ideológicos explicada en el art. 16.1 del a CE, tal circunstancia no explica un derecho a la objeción fiscal por motivaciones pacifistas en tanto que el reconocimiento de dicho derecho supondría un grave desconocimiento de otros derechos y valores constitucionales dignos de protección”

Dentro da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2013 organizamos unha charla o sábado 1 de xuño na que contaremos coa presenza de dous membros do colectivo Utopía Contagiosa.

O 1 xuño hai convocada en toda Europa manifestacións en contra da Troika baixo o lema "Pobos Unidos contra a Troika". En Vigo varios colectivos animannos a participar a semana anterior a unhas xornadas que levan por título: Construíndo alternativas... Vigo contra a troika! e que están programadas a modo de preparativos da gran manifestación do sábado 1 de xuño.

Nestas xornadas a xente do Espazo Aberto Antimilitar colaboramos coa seguinte actividade:

Páxinas