obxección fiscal


A pasada fin de semana rematamos a campaña OF 2012 cun acto de rúa en fronte do mercado do Calvario.

Achegamos o audio da presentación da campaña pola OF que fixemos nas V tardes libertarias, organizadas pola xente de Lume Negro en Ponteareas o pasado de 26 maio.

Na presentación ademais da presentación da campaña se resolveron algunhas dúbidas técnicas.

O pasado martes 26 de xuño a xente da asociación contra a exclusión Alambique realizou unha accións na delegación de facenda baixo o lema: "Recortar sí, lo militar", para denunciar o gasto militar e promover a Obxección Fiscal ao Gasto militar. A acción estaba dentro da campaña "Contra sus recortes, nuestras alternativas".

Este foi o texto entregado á Axencia Tributaria en dita acción:

¿RECORTAR? ¡SI! LO MILITAR

Sr./Sra. Director/a de la Agencia Estatal Tributaria

Las personas que hoy nos concentramos delante de esta oficina queremos visibilizar de forma colectiva nuestra Objeción Fiscal al Gasto Militar. Esta acción de denuncia forma parte de la campaña "Contra sus recortes, nuestras alternativas", que lleva adelante la asociación contra la exclusión Alambique. Paralelamente a la campaña del IRPF, hemos estado proponiendo la objeción fiscal como una alternativa útil y concreta frente a las políticas que están llevando al empobrecimiento progresivo de la mayoría de la población.

Co mes de xuño rematan os actos da campaña 2012 pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares que o Espazo Aberto Antimilitar en Galiza, e moitos grupos no Estado, vimos desenvolvendo. Aínda tedes tempo para facer a declaración da renda e con ela a OF, de facela por favor achegádenos os datos que estamos a recoller xunto a outros grupos a nivel estatal.

Para rematares convidamos a participar nun acto de peche de campaña que imos facer o sábado 30 de xuño a partires das 19h00 diante do Mercado do Calvario.

No acto haberá paneis informativos sobre: gasto militar - banca armada - sahara - venta armas e recrearemos un campo minado un pouco especial...

Agardamos a vosa participación!

Para todas aquelas persoas ás que pensar en ter que facer a declaración da renda lles da suores fríos.

Unha xente de Catalunya elaborou este video titorial con todos os pasos necesarios para facer obxección fiscal aos gastos militares.

A xente do grupo antimilitarista Tortuga publicou este manifesto:

As xentes do grupo Grupo Antimilitarista Tortuga achegan toda a información que recolleron en internet sobre as distintas campañas de Obxección Fiscal aos Gastos Militares que se fan en distintas partes do territorio do Estado Español.

O pasado venres 13 de abril o Espazo Aberto Antimilitar presentaba a campaña galega pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares, cunha charla sobre a industria militar. Na presentación acompañounos Jordi Calvo, investigador do Centro Delás e autor do último informe sobre banca.

Comezamos o acto cunha breve presentación da campaña, que como sabedes consiste en á hora de facer a declaración da renda (non confirmedes o borrador) desviar unha porcentaxe de cartos en protesta polos gastos militares. Este ano os destinos que propoñemos son a Asemblea pola defensa do barrio do Cura e a campaña contra os Centros de menores.

Logo da presentación Jordi foi desvelando o papel da industria militar, resaltando que se trata dunha industria parasitaria a cal non deixa de reclamar cartos para o seu funcionamento.

Nuns días colgaremos o audio da charla.

Páxinas