Historically, Australian medical schools have followed the British tradition by conferring the degrees of Bachelor of Medicine and Bachelor of Surgery (MBBS) to its graduates whilst reserving the title of Doctor of Medicine (MD) for their research training degree, analogous to the PhD, or for their honorary doctorates. A notable exception is the Bachelor of Medicine (BMed) joint program of the University of Newcastle and the University of New England. Although the majority of Australian MBBS degrees have been graduate programs since the 1990s, under the previous Australian Qualifications Framework (AQF) they remained categorised as Level 7 Bachelor degrees together with other undergraduate programs. The latest version of the AQF includes the new kamagra ireland buy kamagra category of Level 9 Master's degrees (Extended) which permits the use of the term 'Doctor' in the styling of the degree title of relevant professional programs.





antimilitar

Dende o Espazo, querémonos facer eco do evento Tatuagens pola liberdade que se densenvolverá no CSOA Escarnio e maldizer de Compostela os días 10, 11 e 12 deste mes e, en particular, da charla: Militarizaçom do território, militarizaçom das fronteiras: Análise, experiências, propostas de luitas e resistências antimilitaristas da que ofrecen esta suxerente presentación:

"Há cada vez mais militares patrulhando as ruas das cidades de Ocidente, graças também a “catástrofes” ou através de estados de emergência e a raíz de supostas ameaças terroristas. Mentres tanto, os agentes de policia parecem-se cada vez mais aos membros das unidades especiais das forças armadas, tanto polas suas armas como polo adestramento e as suas táticas. O Poder prepara-se constantemente para os novos cenários da guerra interna, é dizer, a guerra de classes, e os seus esforços nesta direçom estam-se notando paralelamente em distintos países. Sem embargo, também estám surgindo experiências de resistência a esta militarizaçom das nossas vidas".

Tags:

O venres 14 de novembro de 2008 "Día europeo contra a infraestrutura militar" partiu dende o sul da provincia de Alacant unha pequena expedición antimilitarista organizada polo Grup Tortuga. O seu destino era o cumio do pico Aitana, de 1558m. Ahora, como en aquel 14 de noviembre, es necesario que se rompan los fusiles y trabajemos por la Paz - Tortuga.

Toda a info neste enlace: http://www.grupotortuga.com/Ahora-como-en-aquel-14-de

O C.S. Fuscalho organiza o sábado 20 de decembro unhas Xornadas Antimilitaristas nas que participaremos a xente do Espazo Aberto Antimilitar.

Nesa data proxectarase o documental: "Ken-MOC de Bilbo" que logo dará paso a unha palestra/debate que leva por título: "25 anos de insubmisión na Galiza".

Durante o desenvolvemento das xorndas permanecerá exposta a mostra de fotos "Movemento de insubmisión en Vigo".

O Espazo Aberto Antimilitar participará nunhas xornadas antimilitaristas organizadas en Cangas os días 10 e 18 de outubro. Animámosvos a todas/os a asistir e participar desta iniciativa desenvolvida no veciño concello do Morrazo.

O venres 10 de outubro a partires das 20:00 inaugurase a mostra de fotos "Movemento de insubmisión en Vigo" con imaxes do MOC, para a continuación escoitar a charla: "Obxección Fiscal ao gasto militar".

Todos os actos das xornadas serán na Fonte do Ghalo.

A finais do mes de agosto materializouse un proxecto que levaba varios meses en preparación; o nacemento dunha nova páxina antimilitarista, centrada neste caso en combater a militarización da xuventude. Trátase dunha iniciativa da "Internacional de Resistentes a la Guerra"  e podes atopala neste enlace: www.antimili-youth.net/es.

Deixamos esta convocatoria:

A Cordenadora Local de Vigo da Marcha Mundial das Mulleres organiza unha acción na Praza dx migrante (Travesas), para conmemorar a data na que as mulleres visibilizamos o significado das palabras militarización – guerra – explotación dos territorios e paz, dende a perspectiva de xénero.

Música, leitura de textos e poesías a partir das 18:00. ESPERÁMOSTE!

Na barbarie de calquera guerra, as mulleres, consideradas individual e socialmente, experimentan unha maior perda no desenvolvemento dos seus dereitos humanos. As mulleres,vítimas da violencia da guerra, sofren torturas, asasinatos, masacres, detencións, igual que os homes, pero ademais son vítimas dunha específica violencia de xénero engadida.

Hoxe, 24 de maio, celébrase o Día internacional das mulleres antimilitaristas en Vigo o lema escollido é "Nin guerra que nos mate nin paz que nos oprima".

A Cordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres organiza unha acción no Calvario-Vigo (mercado), para conmemorar esta data na que as mulleres visibilizan o significado das palabras militarización -guerra- explotación dos territorios e paz, dende a perspectiva de xénero.

Haberá música, colocación de cartaces, lectura de textos e poesái a partires das 18h30.

Animannos a levar algo violeta!

A xente do Grupo Antimilitarista Tortuga achegounos un documento a través do mail baixo o título: "Respuestas al crimen en la sociedad actual. ¿Es posible abolir la cárcel? Visión desde el antimilitarismo noviolento":

“Quien quiera salvaguardar su libertad deberá proteger de la arbitrariedad hasta a sus enemigos, o se establecerá un precedente que se volverá contra él”

Thomas Paine