gasto
José Toribio achéganos multitude de datos que falan da débeda pública que xeneran os gastos militares do Estado, nun momento de fortes recortes sociais.
Exemplo disto, segundo o autor, son os "os grandes programas de armamento", xa que non só fan que o "compromiso de gasto se acerque a los 30.000 millones de euros; también lo es que ese dinero, prestado sin intereses a un selecto grupo de empresas, no ha reportado beneficio alguno al erario y sí una enorme Deuda Pública."
Dende Alternativa Antimilitarista - MOC ofrecen o cálculo do Gasto Militar no estado español para o ano 2010. Como veñen facendo nos últimos anos suxiren dous cómputos diferentes: o gasto estricto, e outro máis amplo que denominan “gasto militar + control social” ao que lle engaden o gasto das principais policías e o gasto carcelario.
Á hora de facer o cálculo toman como referencia o que o propio presupostou o pasado outono nos seus Orzamentos Xerais do Estado para 2010 e sinalan que "como ben aclarando o investigador José Toribio nos seus últimos informes, a realidade que aflora no intre de facer as contas ao final de cada exercicio, é que o estado entre unha cousa e outra cada ano ven realizando un gasto militar entre un 15 e un 20% superior ao que presuposta."


