campaña


Un ano máis, dende o Espazo Aberto Antimilitar continuamos cuestionando a existencia do exercito como institución. Tentando manter o debate sobre a súa utilidade e conveniencia, os seus fins e a súa realidade, e denunciando a crecente militarización da sociedade, así como o desproporcionado gasto humano e económico que supón o seu mantemento.

Nun contexto como o actual, de recortes tanto de dereitos, coma de inversións en certos ámbitos (eliminación de subsidios, redución de pensións, perda de poder adquisitivo, etc.) o estado español gastará no ano 2011 uns 2.006 millóns de euros só en armamento; o equivalente a manter 421.910 pensións mínimas todo un ano. Pero en total, os orzamento militares para o ano 2011 no estado español ascenden a 17.244 millóns de euros. Unha  inversión un 5% menor á do ano 2010, pero que ven a representar o 4.8% do orzamento total do estado. Un dato que, ademais, debemos confrontar co descenso noutros ministerios, onde se chega a un 15,6% de recortes. E sen esquecer que, un ano tras outro, no sector militar as inversións finais superan dun xeito significativo o orzamentado.

Facémonos eco na nosa web da campaña lotienesqueparar.org que pide un parlamento afgano sen criminais de guerra. A campaña conta cun espectacular vídeo de animación no que se fai un percorrido pola situación deste país. Así explican a campaña na súa web:

"Afganistán lleva más de 30 años en conflicto. La población afgana ha sido víctima ininterrumpida de violaciones de derechos humanos. Auténticas atrocidades que hoy siguen impunes. Algunos de los responsables de estas violaciones son diputados en el Parlamento afgano o tienen cargos de poder en el actual Gobierno. Ellos aprobaron una Ley de Amnistía para asegurarse su inmunidad. Mientras la sociedad civil afgana lucha para que se haga justicia, la Unión Europea y los Estados Unidos continúan apoyando al Gobierno y al Parlamento afganos.

 El próximo mes de septiembre se celebrarán elecciones parlamentarias en Afganistán que serán financiadas principalmente por la Unión Europea y los Estados Unidos a las que se presentarán criminales de guerra. Es tu oportunidad para exigir justicia."

Páxinas